MiG-17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MiG-17
MiG-17F Top View.JPG
MiG-17F
Tipo caza
Fabricante Mikoyan-Gurevich
Primeiro voo 14 de xaneiro de 1950
Introducido outubro de 1952
Estado retirado
Construídos 10.603

O Mikoyan-Gurevich MiG-17 (designación OTAN: Fresco) é un caza subsónico deseñado para os roles de superioridade aérea e cazabombardeiro na Unión Soviética. Voou por vez primeira en xaneiro de 1950 e comezou a operar dous anos despois na Forza Aérea Soviética e na doutros países como China (co nome Shenyang J-5), Polonia (PZL-Mielec Lim-6), ou Vietnam.

A meirande parte das vesión do MiG-17 non poden levar mísiles aire-aire, e usan os seus canón para derrubar avións inimigos. Foi usado na Guerra de Vietnam e resultou ser unha ameaza efectiva contra os cazas supersónicos estadounidenses.

Variantes[editar | editar a fonte]

I-300
Prototipo.
MiG-17 ("Fresco A")
Versión do caza básico equipado co motor VK-1.
MiG-17A
Versión de caza co motor VK-1A.
MiG-17AS
Conversión multipropósito, con capacidade para levar foguetes non guiados e o mísil aire-aire K-13.
MiG-17P ("Fresco B")
Versión de caza todo-tempo equipada co rádar Izumrud.
MiG-17F ("Fresco C")
Versión de caza básica co motor VK-1F con postcombustión.
MiG-17PF ("Fresco D")
Versión de caza todo-tempo equipada co rádar Izumrud e o motor VK-1F.
MiG-17PM/PFU ("Fresco E")
Versión de caza con rádar e mísiles aire-aire K-5.
MiG-17R
Avión de recoñecemento co motor VK-1F e cámara.
MiG-17SN
Variante experimental con dúas tomas de aire e morro redeseñado para levar canóns de 23 mm para atacar obxectivos terrestres.. Non foi producida.
Shenyang J-5

Algúns exemplares retirados foron convertidos en brancos controlados remotamente.