Mikołaj Torosowicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mikołaj Torosowicz /
Миколай Торосович
Arcebispo da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento1605
Pasamento24 de outubro de 1681
Ordes
Ordenación sacerdotal1626
Consagración episcopal1627
(apostólico armenio)
Arcebispo metropolitano de Lviv dos armenios
1627 - 1681
SucesorWartan Hunanian
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Mikołaj Torosowicz[1] (en ucraíno: Миколай Торосович, "Mykolai Torosovych"), nado arredor de 1605 en Lviv e finado o 24 de outubro de 1681, foi o primeiro bispo católico armenio de Lviv.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Lviv nunha familia apostólica armenia. Naquel momento, os armenios de Galicia estaban baixo xurisdición eclesiástica do patriarca da Santa Sé de Echmiadzin, en Armenia, daquela baixo dominio persa.

Con vocación relixiosa, foi enviado polos seus pais a Istambul.[2] Foi ordenado sacerdote en 1626 en Istambul, e en 1627 nomeado bispo de Lviv da Igrexa Apostólica Armenia.

O 24 de outubro de 1630 fixo unha profesión de fe nunha cerimonia na igrexa dos carmelitas descalzos, e entrou xunto coa súa diocese en comuñón coa Igrexa Católica. A unión foi confirmada pola Santa Sé o 8 de novembro, e Torosowicz converteuse no primeiro arcebispo católico armenio de Lviv.

En 1635 Torosowicz fixo unha nova confesión de fe ante o papa Urbano VIII en Roma, e foi nomeado metropolitano de Lviv, con xurisdición sobre todos os armenios de Polonia, Moldavia e Valaquia. Foi tamén quen levou aos teatinos a Lviv.

Finou o 24 de outubro de 1681 aos 76 anos de idade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco.
  2. 2,0 2,1 Encyklopedia Powszechna, 1867, p.388.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(Creación da diocese católica)
 Arcebispo de Lviv 
1627 - 1681
Sucesor:
Wartan Hunanian