Miguel Gutiérrez Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miguel Gutiérrez Ortega
Nacemento27 de xullo de 2001
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Miguel Gutiérrez Ortega, nado en Madrid o 27 de xullo de 2001, é un futbolista español que xoga como defensa no Real Madrid Castilla Club de Fútbol da Primeira Federación, terceira categoría do fútbol de España, o cal compaxina co primeiro equipo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou nas categorías inferiores do Getafe Club de Fútbol antes de unirse ás do Real Madrid en 2011. En xullo de 2017 o entón adestrador do Manchester United, José Mourinho, estivo interesado na súa fichaxe, pero con 16 anos finalmente decidiu permanecer no club madrileño.[2][3][4]

Durante a pretempada de 2019 foi convocado co primeiro equipo, dirixido por Zinedine Zidane, para participar na Copa Audi, tras a lesión do xogador titular Ferland Mendy. Foi entón o primeiro xogador nado en 2001 do filial do club en incorporarse ao primeiro equipo.[5]

Fixo o seu debut en partido oficial co Real Madrid Club de Fútbol o 21 de abril de 2021, ingresando como suplente na vitoria por 3-0 ante o Cádiz Club de Fútbol.[6][7] Finalizou a tempada con seis partidos disputados nos que deu unha asistencia de gol. En equipo filial completou un total de quince partidos nos que anotou un gol. Considerado como unha das «perlas» da canteira, compaxina as súas actuacións no filial co primeiro equipo.[8][9][10][1]

Para o comezo da tempada 2021-22, o xogador foi un dos xogadores do filial seleccionados para realizar os primeiros adestramentos da tempada co primeiro equipo, e sinalóuselle como un dos posibles xogadores a ocupar o lateral esquerdo do conxunto madrileño en competencia con Ferland Mendy e o veterano capitán Marcelo Vieira.[11] Comezou coa participación no equipo debido ás lesións de Mendy e Marcelo, con destacadas accións, e o 28 de setembro debutou co club na Liga de Campións fronte ao Fotball Club Sheriff Tiraspol. O partido, disputado no estadio Santiago Bernabéu, finalizou cun resultado de 1-2.[12][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Diario Marca (ed.). "'Miguelito' es una realidad". Consultado o 29 de agosto de 2021. 
  2. Connor, Lee (31 de marzo de 2021). "Report: Spurs boss Mourinho wants to sign Real Madrid's Miguel Gutierrez" (en inglés). 
  3. Owen, Danny (30 de marzo de 2021). "Report: Mourinho target doesn't want Tottenham move; snubbed Manchester United in 2017" (en inglés). 
  4. "Man Utd transfer news: Miguel Gutierrez snubs offer in favour of Real Madrid stay – report". 20 de julio de 2017. 
  5. Diario Marca (ed.). "Miguel Gutierrez makes history with Real Madrid" (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2021. 
  6. "Benzema boosts Real Madrid to the top of the table" (en inglés). 21 de abril de 2021. 
  7. "Karim Benzema hits brace as Real Madrid ease past Cadiz and go top of La Liga". 21 de abril de 2021. 
  8. Página oficial de la RAE (ed.). "Definición de «perla»". Consultado o 21 de abril de 2021. 
  9. Diario El Mundo Deportivo (ed.). "Miguel Gutiérrez, el líder que anuncia La Fábrica". Consultado o 21 de abril de 2021. 
  10. Portal digital Defensa Central (ed.). "El Madrid ha rechazado varias ofertas importantes por su canterano estrella: Miguel Gutiérrez". Consultado o 21 de abril de 2021. 
  11. Diario El Mundo Deportivo (ed.). "Miguel Gutiérrez quiere echar la puerta abajo". Consultado o 21 de abril de 2021. 
  12. UEFA (ed.). "Reporte Real Madrid-Sheriff". Consultado o 29 de septiembre de 2021. 
  13. Diario Marca (ed.). "Debut en Champions de Miguel Gutiérrez". Consultado o 29 de septiembre de 2021.