Felipe Gil Casares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Felipe Gil Casares, retrato en Vida Gallega, 1934.

Felipe Gil Casares, nado o 16 de outubro de 1877 en Santiago de Compostela e finado o 3 de agosto de 1953 en Vilagarcía de Arousa[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do catedrático de Ciencias Ramón Gil Villanueva e neto do eminente químico Antonio Casares Rodríguez, amais de irmán do médico Miguel Gil Casares. Licenciouse en dereito e foi catedrático de dereito civil na Universidade de Santiago de Compostela. O 25 de agosto de 1923, o alcalde de Santiago, Vicente Goyanes Cedrón presentou a súa renuncia, argüíndo razóns de saúde e de acumulación de traballo na súa cátedra de Medicina[2][3], sendo aceptada na sesión municipal do día 29[4]. A alcaldía asumiuna o concelleiro monterista e garcíaprietista Manuel Fuentes Rodríguez, que levaba todo o mes de agosto exercendo a alcaldía accidental. Por fin, o 13 de setembro produciuse a caída do Goberno do país de García Prieto tras o golpe de estado de Miguel Primo de Rivera. Era cuestión de tempo que en Santiago o mandato de Fuentes chegara a súa fin, e así sucedeu a tarde do 1º de outubro. Nas dependencias da alcaldía presentouse o Comandante Militar de Santiago e Coronel do Rexemento de Zaragoza nº 12, Julio Rodríguez Pérez, quen tras visitar o Pazo de Raxoi decidiu a destitución de todos os concelleiros, recibindo a autoridade militar o bastón de mando[5]. A continuación convocou para esa mesma tarde á Xunta de Asociados co obxecto de proceder á elección de novos concelleiros. Unha vez reunidos, entre eles Gil Casares, o Coronel deu lectura a un Decreto en virtude do cal os membros da Xunta quedaban automaticamente convertidos en concelleiros. Procederon a continuación a votar ao alcalde, que resultou o propio Felipe Gil Casares por 20 votos a favor e un en branco[6]. Desempeñou este posto ata xaneiro de 1924 e de novo de novembro de 1930 deica o 12 de abril de 1931[7].

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Logo de proclamarse a República entrou en Acción Popular, partido que entrou a formar parte da CEDA, coalición pola que saíu elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais españolas de 1933 e de 1936.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse ao comandante militar de Compostela Bermúdez de Castro con 30 mozos das JAP armados para ofrecer os seus servizos aos sublevados. O 17 de novembro de 1936 nomeárono reitor da USC, posto desde o que promoveu unha xuntanza de apoio aos sublevados entre os reitores da España franquista dirixida á comunidade internacional[8]. Desde novembro de 1938 foi maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo de España.


Predecesor:
Manuel Fuentes Rodríguez
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1923 - 1924
Sucesor:
José Díaz-Varela Losada
Predecesor:
Manuel Villar Iglesias
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1930 - 1931
Sucesor:
Raimundo López Pol
Predecesor:
Luís Iglesias Iglesias
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1936 - 1939
Sucesor:
Carlos Ruiz del Castillo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]