Miguel Ángel Buján Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Ángel Buján Varela
Biografía
Alcalde de Toques
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , funcionario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Miguel Ángel Buján Varela, é un político e funcionario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario no concello de Toques durante 35 anos. Presentouse á alcaldía deste municipio nas eleccións municipais de 2003 pola Agrupación Independentes de Toques, a cal logrou 2 concelleiros e foi a segunda forza máis votada tralo PPdeG de Jesús Ares Vázquez, que pese a baixar conservou a maioría absoluta. Nas municipais de 2007 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía e logrouna grazas a un pacto co PPdeG e o BNG, fronte á candidatura independente do ata entón alcalde expopular.[1] En virtude dese acordo de goberno, cedeulle a alcaldía ó novo líder popular Jorge Calvo Pestonit en agosto de 2009. Diversos problemas de saúde fixeron que declinase a opción de concorrer de novo como candidato en 2011. Nas municipais de 2015 si foi candidato socialista e logrou 3 concelleiros, a tan só 9 votos do PPdeG (4 edís) e de selo máis votado. Porén, alcanzou un acordo de goberno co BNG (2 edís) polo cal o líder desta formación, José Ángel Penas García asumía a alcaldía a primeira metade da lexislatura e el a segunda. Finalmente regresou á alcaldía en xaneiro de 2018. Volveu a selo candidato socialista nas municipais de 2019 e logrou 2 concelleiros fronte a 3 do PPdeG e 4 do BNG, porén, conervou a alcaldía en virtude dun novo acordo de goberno co BNG polo cal lle cedeu o bastón de mando ó nacionalista Penas en xuño de 2021. Nas municipais de 2023 logrou 1 concelleiro fronte a 2 do PPdeG e 6 do BNG, logrando estes a maioría absoluta, polo cal non continuou a coalición de goberno e pasou á oposición.


Predecesor:
Jesús Ares Vázquez
 
Alcalde de Toques
 
2007 - 2009
Sucesor:
Jorge Calvo Pestonit
Predecesor:
José Ángel Penas García
 
Alcalde de Toques
 
2018 - 2021
Sucesor:
José Ángel Penas García

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]