Jorge Calvo Pestonit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge Calvo Pestonit
Nacemento1952
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento1 de novembro de 2016
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Jorge Francisco Calvo Pestonit, nado en Santiago de Compostela en 1952 e finado o 1 de novembro de 2016, foi un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu como médico no Centro de Saúde de Toques. En 2007 encabezou a lista do PPdeG á alcaldía de Toques, firmando un pacto de goberno co PSdeG e o BNG polo cal foi alcalde dende agosto 2009, ocupándoa o socialista Miguel Ángel Buján Varela os dous anos anteriores. En 2011 volveu encabezar a candidatura do PPdeG, foi a candidatura máis votada e foi reelixido mediante outro pacto de goberno, esta vez con Xuntos Cara ao Progreso de Toques (XCPT)[1], ocupando a alcaldía ata setembro de 2013, cando lla cedeu ó líder desta formación José Antonio Castro Fraga[2]. En 2015 os independentes integráronse no PPdeG, con Castro Fraga como candidato e el como número 2, logrando selos máis votados pero sen maioría absoluta, polo que socialistas e nacionalistas formaron goberno e quedaron na oposición.


Predecesor:
Miguel Ángel Buján Varela
 
Alcalde de Toques
 
2009 - 2013
Sucesor:
José Antonio Castro Fraga

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Finou o 1 de novembro de 2016[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]