Michael William Balfe
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1808 Dublín |
Morte | 20 de outubro de 1870 (62 anos) Hertfordshire |
Lugar de sepultura | cemiterio de Kensal Green |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | compositor , compositor de cancións , director de orquestra , cantante de ópera , cantante |
Xénero artístico | Ópera |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Magdalena Roser |
Fillos | Victoria Balfe (pt) |
Premios
| |
|
Michael William Balfe, nado en Dublín en 1808 e finado en Rowney Abbey en 1870, foi un compositor irlandés, coñecido pola súa ópera The Bohemian Girl (1843).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun mestre de danza, a única educación musical que recibiu foi de seu pai e do músico C. E. Horn. Aos seis anos tocaba o violín para as clases do pai e aos sete compuxo unha polacca. En 1817 actuou por primeira vez en público, logo da morte de seu pai en 1823 uniuse á orquestra do teatro real Drury Lane, en Londres e actuou como barítono, con éxito só moderado. Entre 1825 e 1833 residiu en Italia, onde compuxo as súas primeiras óperas.
Ao regreso a Inglaterra estreou a ópera Siege of Rochelle en 1835 con grande éxito, á que lle seguiu en 1836 The Maid of Artois, tamén exitosa.