Metrópole ortodoxa grega de Rodas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Metrópole de Rodas
Datos xerais
LocalizaciónRodas, Grecia
Información
RitosRito bizantino
Xerarquía
PatriarcaBartolomeu I
MetropolitaKyrillos Kogerakis

A metrópole de Rodas (en grego: Ιερά Μητρόπολις Ρόδου) é unha das cinco xurisdicións eclesiásticas da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla no Dodecaneso. Ten a súa sé na vila de Rodas.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa de Rodas menciónase nos Feitos dos Apóstolos, nos viaxes de San Paulo, e considérase que el é o fundador da Igrexa na illa, acompañado por Silas. Descoñécese con exactitude cando Rodas tivo o seu primeiro bispo, mais a sé episcopal converteuse moi cedo en metropolitana, e a súa provincia eclesiástica estendíase, logo de 732, sobre a maior parte das illas do mar Exeo.

Segundo a tradición no século I tivo o seu primeiro bispo, Prócoro, aínda que decoñécese cando foi creada a diocese.

Até a ocupación da illa polos Cabaleiros de Rodas, a metrópole viviu un período de florecemento, e os seus bispos participaron nos concilios ecuménicos: Theodósios no V, Isídoros no VI e Léon no VII.

Durante a época en que a illa foi gobernada polos Cabaleiros de Rodas, a metrópole entrou nun período crítico. O metropolita de Rodas foi despoxado do seu cargo, e foi instalado un arcebispo latino para sustituilo. O Patriarcado Ecuménico continuou a nomear bispos de Rodas, aínda que os latinos non permitiron que tomaran posesión da sé. En 1369 a administración da metrópole foi asignada á Metrópole de Side.

Poucos cambios producíronse no século XV, por mor da caída de Constantinopla e a ameaza da invasión otomá. Os latinos permitiron a instalación do bispo ortodoxo, e ao Concilio de Florencia asistiu o bispo Natanael, mais á súa volta o arcebispo latino non lle permitiu desembarcar.

En 1522 Rodas foi ocupada polos turcos. O metropolita Eftimios foi aforcado (c. 1525) baixo a acusación de instigar un movemento revolucionario. Durante o período otomán, porén, a vida da Igrexa foi relativamente tranquila, aínda que non escapou ás arbitrariedades dos conquistadores. Durante os anos da Revolución e os que seguiron, a Igrexa sufriu persecucións e os seus privilexios foron abolidos. O firmán do sultan Mahmud II restaurounos en 1835, mais foron abolidos novamente na época dos Mozos Turcos.

En 1912 Rodas, como o resto de illas do Dodecaneso, estivo baixo dominio italiano. Nun comezo respectaron a Igrexa, mais a partir de 1923 comezou unha campaña de italianización das illas, enviando colonos italianos ás mesmas e procurando o seu casamento con gregos e a Igrexa ortodoxa foi remprazada pola católica. O peso da ocupación caeu especialmente sobre o metropolita Apostolos Trifonos, quen renunciou en 1946. Logo da incorporación do Dodecaneso a Grecia, a Metrópole de Rodas entrou no seu período moderno da historia.

En 2004 perdeu xurisdición sobre as illas de Symi, Halki, Tilos e Kastellorizo, que formaron a metrópole de Syme.

Espiscopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]