Metrópole ortodoxa grega de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Metrópole de Francia
Datos xerais
Erixida5 de febreiro de 1963
TerritoriosFrancia
Información
IgrexaIgrexa Ortodoxa de Constantinopla
RitosRito bizantino
Xerarquía
PatriarcaBartolomeu I
BispoEmmanuel Adamakis
Outros datos
Sede centralParís

A metrópole de Francia é unha xurisdición ortodoxa con sé en París, baixo a xurisdición canónica do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla. Foi estabelecida por decisión patriarcal e sinodal o 5 de febreiro de 1963. O seu metropolita é, dende 2003, Emmanuel Adamakis.

Historia[editar | editar a fonte]

A diocese foi creada o 5 de febreiro de 1963, agrupando a todas as parroquias gregas de Francia, Bélxica, Luxemburgo, España e Portugal. O 22 de outubro Meletios Karabinis foi nomeado primeiro xerarca da metrópole.

O 12 de agosto de 1969 as parroquias no territorio de Bélxica e Luxemburgo pasaron a pertencer a unha nova metrópole, a metrópole de Bélxica. Do mesmo xeito, en 2003, erixiuse unha nova metrópole de España e Portugal.

Na actualidade a diocese ten 38 parroquias e 5 mosteiros.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]