Mercedes Tella
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1868 A Coruña, España |
Morte | 30 de xaneiro de 1934 (65/66 anos) Vilafranca, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, pedagoga |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Alfredo Tella |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Galega Universal Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Mercedes Tella Comas, nada na Coruña en 1868 e finada en Vilafranca do Bierzo o 30 de xaneiro de 1934,[1][2] foi unha pedagoga e escritora galega.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmá de Alfredo Tella. Estudou Maxisterio na Coruña e marchou a Madrid onde fixo o grao normal. En 1896 foi nomeada profesora auxiliar da Escola Normal de Madrid, e en 1909 profesora supernumeraria da sección de Ciencias da mesma escola. En 1901 obtivo a praza de profesora da Normal da Coruña. Estudou Pedagoxía na Facultade de Filosofía e Letras. Presentou comunicación e interveu nos debates do IX Congreso Internacional de Hixiene e Demografía (1898). Participou na Asemblea dos Amigos de la Enseñanza de Madrid e presentou unha memoria ao Congreso de Medicina de Madrid. Foi redactora da Gaceta de Instrucción Pública. En 1907 foi nomeada directora da Escola Normal da Coruña, permanecendo no cargo até 1911. En 1914 volveu ser nomeada directora, permanecendo no cargo até a súa xubilación. Pronunciou conferencias e escribiu artigos científicos, literarios e pedagóxicos en periódicos e revistas.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Aritmética elemental, 1896 (en colaboración con María Encarnación de la Rigada).
- Los juegos en la escuela, 1904.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1929 recibiu a Cruz de Afonso XII.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era irmá do escritor Alfredo Tella e casou con Mario Sánchez Belorado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 31-1-1934, p. 1, 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-2-1934, p. 10 Arquivado 20-02-2018 en Wayback Machine.
- ↑ "Mercedes Tella", El Correo Gallego, 1-4-1909 , p. 1
- ↑ RAG. Lista de membros correspondentes. Letra T
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 3. Bibliófilos Gallegos. p. 401.
- Flecha García, Consuelo (1996). Las primeras universitarias en España. 1872-1910. Madrid: Narcea. pp. 152–153. ISBN 84-277-1159-X.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Vigo: Edicións A Nosa Terra. pp. 423–424. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Romero Masiá, Ana (2022). Mercedes Tella Comas (1868-1934). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-9995-386-1.
- "Tella Comas, Mercedes". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.