Saltar ao contido

Meniñas da saudade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Meniñas da saudade foi un grupo de gaitas feminino de Ribadeo, creado baixo o impulso e patrocinio dos irmáns Suárez Couto.[1] Xurdiu en 1961, antes da xira de Santa Cruz, e fixo a súa última actuación o día de reis de 1997.[2] É considerado o primeiro grupo de gaiteiras de Galicia, e mesmo quizais tamén a nivel internacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estivo constituído no seu comezo por Teresa Amor, María Dolores Ponte, Elena Fernández, María Carmen Carnota, Concepción Redondo, María Cubero e Teresa Rodríguez, variando a súa composición e o número de gaiteiras, tocando ata dobre número do inicial. O repertorio da formación estaba integrado por composicións propias e adaptacións de pezas populares. A composición das pezas propias corría a cargo de Amadora Suárez Couto.[2] O seu instrutor era Primitivo Díaz Pérez.[1]

A indumentaria que usaban era a típica ribadense do século XVIII e para confeccionar os seus traxes documentáronse na Real Academia Galega, no Ballet Gallego Rey de Viana e en cadros do pintor ribadense Dionisio Fierros. [1]

Foron gravadas en diversos documentais, como Así es Galicia (Santos Núñez 1964), o NO-DO, e programas como Luar.[3]

No 2013 o concello de Ribadeo adicoulle unha rúa.[4][1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 " Grupo Saudade - Álbum de mulleres - culturagalega.org". culturagalega.gal. Consultado o 2021-01-28. 
  2. 2,0 2,1 "Meniñas de Saudade, otras mujeres con historia en Ribadeo". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-02-05. Consultado o 2021-01-28. 
  3. Las Riberas del Eo, 20/6/1964.
  4. "Meniñas da saudade". OpenStreetMap. Consultado o 2021-01-28. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]