Saltar ao contido

Memoria dunha edá (1960-1975)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Memoria dunha edá (1960-1975)
Título orixinalMemoria dunha edá (1960-1975)
Autor/aArcadio López-Casanova
LinguaGalega
ColecciónArealonguiña
Xénero(s)Poesía
EditorialAkal
Data de pub.1976
Páxinas61
ISBN84-7339-158-6
editar datos en Wikidata ]

Memoria dunha edá (1960-1975), publicado por Akal en Madrid en 1976, é un libro de poemas de Arcadio-López Casanova.

Comeza cunha Nota non necesaria do autor[1]

Recollo niste libro poemas meus de antre o 1960 e 1975, é decir, de ó longo de quince anos de ¿traballo...? O mesmo título da breve escolma paréceme xa indicativo do seu senso: nunha parte -"Presenciais con nome"- van os poemas que máis fidelmente responden a unha liña miña de palabra compartida... A segunda parte -"Mesteres"- amosa exemplos do cosmos poético no que labouro desde 1967...

1. Testimuña

[editar | editar a fonte]
  • 1.1. Voz de xeneración.
...
Fillos do exilio,
himno dos mortos, cruz das campas,
montes de sombra, hortos, ermos,
adros de pedra -(Quén cantara
ora na Noite)-, portas rotas,
altar do cáliz, teito e Casa
queimados sempre.
Non tivemos
-fillos de naide- nin palabra.[2]
  • 1.2. Carta.

2. Presencias con nome

[editar | editar a fonte]
Torre sempre de todos, qué luz pura
será isa das tuas maus, chama de espranza;
e máis isa dos ollos, onde alcanza
sono xa a Terra, e terra, albela ardura[3]
.
    • 2.4.2. Ollada segunda: Galicia dende Trasalba.
  • 2.5. Luís Pimentel.
    • 2.5.1. Elexía primeira.
    • 2.5.2. Elexía segunda.
  • 2.6. Luís Seoane

3. Mesteres

[editar | editar a fonte]
Caíran, caeron, cairán os mazaricos do demo, as furnas do solpor, a cinza sen acios do cadaleito
...[4]

4. Retratos dende o esilio

[editar | editar a fonte]
  • 4.1. Liturxia do tempo. O regreso.
  • 4.2. Litruxia do corpo. Himno. Pra Carme, / outra vez e sempre
...
e chegamos,
e chegamos algún día,
i abres a porta da Casa, pós o mantel das viandas, o cáliz, a lámpara da maxestá,

i así soios,
i así soios
a mirada regrésame do vivir
I estou vivo. [5]
  • Epístola censoria. A meu irmán.

Características

[editar | editar a fonte]

Para Basilio Losada:

Os tres libros -Mesteres, Memoria dunha edá, Liturxia do corpo- forman unha unidade, un só poema en diversas entregas, un universo lírico perfectamente artellado arredor dun tema básico: eisilio-morte... Dende o desacougo, a lírica de López-Casanova atinxe unha mística da inanidade -mundo futil sen patria; vocación de morte, final acougo, consciencia da imposibilidade do eu soñado, ca morte por fronteira e o eisilio por patria.[6]

Segundo o Diccionario da literatura galega Memorias dunha edá marca a transición entre a primeira e a segunda etapa na obra poética do autor'[7].

  1. López-Casanova, Arcadio (1976). Memoria dunha edá (1960-1975). Arealonguiña. Akal. ISBN 84-7339-158-6. 
  2. López-Casanova 1976, p. 10.
  3. López-Casanova 1976, p. 21.
  4. López-Casanova 1976, p. 43.
  5. López-Casanova 1976, p. 55.
  6. Losada, Basilio (xulio, agosto, setembro 1983). "LITURXIA DO CORPO, por Arcadio López Casanova". Grial XXI (81): 384–386. 
  7. Vilavedra, Dolores (Coord) (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Autores. Ed. Galaxia. p. 345. ISBN 84-8288-019-5.