Memoria do mundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logotipo do programa Memoria do Mundo da Unesco.

"Memoria do mundo" é un programa creado en 1992, baixo a iniciativa da Organización das Nacións unidas para a educación, a ciencia e a cultura (UNESCO), co obxectivo de sensibilizar a comunidade internacional sobre a riqueza do patrimonio documental, a necesidade de garantir a súa conservación para as xeracións futuras e para facelo accesible para un público amplo.

Obxectivo[editar | editar a fonte]

O patrimonio documental depositado nas bibliotecas e arquivos é unha parte esencial da memoria colectiva, que reflicte a diversidade de linguas, pobos e culturas. Mais esta memoria é fráxil e unha parte deste patrimonio desaparece regularmente por accidente ou envellecemento dos soportes.

Recoñecendo que unha acción urxente é necesario para loitar contra a desaparición de gran partes da memoria documental mundial, a UNESCO lanzou o programa "Memoria do mundo" destinado a salvagardar e promover este patrimonio, "a fin de evitar a amnesia colectiva e promover a conservación das coleccións de arquivos e bibliotecas de todo o mundo e garantir a súa máis ampla difusión ".

A idea que prevaleceu na posta en marcha do programa "Memoria do mundo" é a afirmación de que o patrimonio documental mundial pertence a todos e que é necesario promover a súa conservación e a súa accesibilidade. Convén, en primeiro lugar, identificar os elementos documentais de interese universal, sensibilizar sobre a importancia deste patrimonio e facilitar a súa conservación e o acceso para o beneficio das poboacións humanas actuais e futuras. Os medios empregados pola Unesco para conseguir isto son varios: van dende a axuda-consello para a conservación das coleccións até os incentivos para a dixitalización e a publicación.

Definíronse catro obxectivos:

  • garantir a preservación do patrimonio documental de interese universal e fomentar o interese nacional e rexional;
  • facelo accesible ao maior número de xente, axudándose da tecnoloxía axeitada;
  • concienciar os Estados membros da Unesco do seu patrimonio documental e, en particular, daqueles aspectos que son de interese dende o punto de vista da memoria colectiva mundial;
  • desenvolver produtos derivados baseados neste patrimonio documental e distribuílos a nivel internacional, garantindo as mellores condicións posíbeis de conservación e seguridade dos orixinais.

Organización[editar | editar a fonte]

Un comité consultivo internacional (CCI), con membros nomeados polo director xeral da Unesco, orienta a concepción e posta en marcha do programa no seu conxunto e fai recomendacións sobre a mobilización de recursos, a atribución dos créditos e a concesión da etiqueta "Memoria do Mundo" para os proxectos seleccionados.

A promoción dos fondos documentais seleccionados está asegurada, entre outre outros medios, pola publicación do rexistro "Memoria do mundo".

O programa está dotado dun rexistro mundial, lista dos elementos do patrimonio documental identificados polo Comité Consultivo Internacional e aprobados polo director xeral da UNESCO. Esta lista é algo así como a "irmá pequena" da prestixiosa lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

A UNESCO lanza cada ano unha nova convocatoria de propostas de inscrición no rexistro, e as candidaturas son examinadas polo comité consultivo internacional, que se reúne cada dous anos.

O rexistro internacional Memoria do mundo da UNESCO[editar | editar a fonte]

O rexistro internacional "Memoria do mundo" é a lista de todos os fondos do patrimonio documental que foron identificados polo comité consultivo internacional durante as súas reunións en Pultusk, Polonia (setembro de 1993), París (maio de 1995),  Tashkent (setembro de 1997), Viena (xuño de 1999), Cheongju, Corea (xuño de 2001), Gdansk (agosto de 2003), Lijiang (xuño de 2005), Pretoria (xuño de 2007), Bridgetown, Barbados (xullo de 2009), Manchester (maio de 2011), Gwanju, Corea (xuño de 2013) e aprobados polo director xeral da UNESCO respondendo aos criterios de selección de interese universal.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]