Pentumeiro de á branca
Pentumeiro de á branca | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución de Melanitta fusca
Área de cría. Área de invernada.
|
O pentumeiro de á branca[2] ou parrulo mourelo[3] (Melanitta fusca) é unha especie de ave anseriforme da familia dos patos (Anatidae), que se distribúe polas costas, lagos e grandes ríos de Eurasia.
Taxonomía e etimoloxía
[editar | editar a fonte]O pentumeiro de á branca foi descrito cientificamente por Carl von Linné en 1758 na décima edición da súa obra Systema naturae, co nome Anas fusca,[4] que significa 'pato escuro'. Posteriormente foi trasladado ao xénero Melanitta, creado por Friedrich Boie en 1822.[5] Actualmente non se recoñecen subespecies,[6] pero anteriormente considerábase que tiña tres, porque se incluía dentro desta especie o Melanitta deglandi. Ambas as especies, xunto co pentumeiro careto (Melanitta perspicillata) forman o subxénero Melanitta, mentres que o outro subxénero do clado, Oidemia, está formado polo Melanitta americana e o Melanitta nigra.
O nome do xénero procede da combinación das palabras gregas melanos, 'negro' e netta 'pato', e o seu nome específico fusca en latín significa 'escura'. O seu nome común, pentumeiro de á branca, fai referencia a que destaca no seu corpo negro o espello branco da á, que o diferencia do pentumeiro común (M. nigra).
Descrición
[editar | editar a fonte]É un anátido de tamaño mediano-grande, que mide de 51 a 58 cm de longo e ten unha envergadura alar de entre 79 e 97 cm, o que o converte no membro do seu xénero de maior tamaño. É corpulento e ten un pescozo longo e relativamente groso. O macho en plumaxe reprodutiva é completamente negro, a excepción da banda branca do espello das plumas secundarias da á, que é visible sobre todo en voo. Ademais ten unha pequena mancha branca debaixo do ollo e que se estende cara a atrás. O bico é cuneiforme e amarelo alaranxado coa base negra. A femia é similar aínda que de cor parda escura e co bico totalmente anegrado. Tamén ten espello branco pero non ten mancha baixo os ollos, aínda que presenta manchas faciais claras de debuxo variable, que adoitan estar sobre todo nas auriculares. Os xoves son similares ás femias, mais o seu ventre é pálido.[7]
Distribución
[editar | editar a fonte]Cría no norte de Europa e leste de Asia, desde Escandinavia ata a cunca do río Yenisei, aínda que existe unha poboación illada que cría en Turquía oriental. É un pato migratorio que pasa o invierno en rexións temperadas: as costas atlánticas europeas, de Escandinavia ao norte da Península Ibérica, as zonas montañosas do sur de Europa e algunhas zonas espalladas do Mediterráneo setentrional, chegando ata o mar Negro e o sur do Caspio. En Galicia esta ave é un invernante escaso ou unha ave de paso.[3]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Adoita descansar en bandadas non moi grandes e pouco densas. Cría bastante tarde. Para alimentarse mergúllase sen realizar un salto previo e coas ás medio abertas.[7] Aliméntase principalmente de moluscos e crustáceos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Melanitta fusca". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.3 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de febreiro de 2015.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Caroli Linnæi. Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.) p. 123.
- ↑ Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes
- ↑ Frank Gill e David Donsker. Screamers, ducks, geese & swans. IOC World Bird List versión 5.1.
- ↑ 7,0 7,1 Mullarney,K.; Svensson, L.; Zetterström, D; y Grant, P.J. (2003). Editorial Omega, ed. Guía de Campo de las Aves de España y de Europa. ISBN 84-282-1218-X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pentumeiro de á branca |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pentumeiro de á branca |