Saltar ao contido

Mehmet Shehu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMehmet Shehu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Çorrush, Albania Editar o valor en Wikidata
Morte17 de decembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Tirana, Albania Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Ministro de Defensa
28 de outubro de 1974 – 18 de decembro de 1981
23º Primeiro ministro de Albania
20 de xullo de 1954 – 17 de decembro de 1981
← Enver HoxhaAdil Çarçani → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Militar Nunziatella Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido do Traballo de Albania Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFiqrete Shehu Editar o valor en Wikidata
FillosBashkim Shehu Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шеху Мехмет)
Biographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Mehmet Ismail Shehu, nado o 10 de xaneiro de 1913 e finado o 18 de decembro de 1981, foi un político comunista albanés que foi o vixésimo terceiro primeiro ministro de Albania de 1954 a 1981.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1938 incorporouse ás Brigadas Internacionais en España[1] e loitou como oficial no 4º Batallón da Brigada Garibaldi italiana. Membro do Partido Comunista Español, trasladouse a Francia tras a vitoria de Franco e alí foi internado entre 1939 e 1942. Foi entregado polo goberno de Vichy aos fascistas que o enviaron a Tirana. Deixou a compañía da súa escolta e uniuse aos maquis e ao Partido Comunista de Albania. Comandante da 1ª Brigada do Exército de Liberación Nacional desde 1943, Mehmet Shehu participou na batalla de Gjorm o 1 de xaneiro, na liberación de Tepelena o 10 de setembro e na liberación de Tirana o 8 de novembro de 1944.

Como un recoñecido táctico militar, sen cuxo liderado os partisanos comunistas ben puideron fracasar na causa marxista-leninista, Shehu mostrou unha comprensión ideolóxica e unha ética de traballo que o sinalaron para unha rápida promoción no partido comunista.[2]

Mehmet Shehu compartiu o poder con Enver Hoxha dende o final da segunda guerra mundial. Segundo fontes oficiais do goberno albanés, suicidouse o 18 de decembro de 1981, tras o cal a súa familia foi detida. Con todo, persisten rumores de que Shehu foi asasinado por orde de Hoxha.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. Tremlett, Giles (2020). The International Brigades. Bloomsbury Publishing. p. 531. ISBN 978-1-4088-5398-6. 
  2. A. Cook, Bernard (2001). Europe since 1945: an encyclopedia 1. Taylor & Francis. ISBN 978-0-8153-4058-4.