Medvednica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nevarada en Medvednica. Vistas á montaña ao fondo desde o río Sava na cidade de Zagreb.

Medvednica é unha montaña localizada no centro de Croacia, xusto ao norte da cidade de Zagreb. A montaña fai liña divisoria ao sur coa fronteira histórica da rexión de Zagorje.

O pico máis alto do cumio é chamado Sljeme con 1.035 metros de altura. A meirante área da montaña de Medvednica é un parque natural (O Parque Prirode).[1]

A área do parque fica cuberto cun 63% de monte, uns 228 km2.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Medvednica podería ser traducido como "oso-montaña", habendo outros topónimos para se referiren á montaña usando o termo en lingua croata "medvjed", oso, e tamén en particular o topónimo de Medvedgrad. Medvedgrad é un castelo medieval localizado nas beiras da parte suroeste da montaña Medvenica.

Sljeme (Slime en dialecto Kajkavian) significa cúpula, e é un nome usado frecuentemente para se referiren os croatas a toda-la montaña.

Clima[editar | editar a fonte]

Montes do parque de Medvednica.

O clima na montaña Medvednica é o común das montañas centrais europeas. As medias de precipitacións anuais van ao arreador dos 1.300 m.m (Zagreb - Grič 840 m.m).

A media para as temperaturas fican ao corredor dos 7 graus centígrados (en Zagreb os 12 °C). A precipitacións en forma de neve están presentes na montaña uns 100 días ao ano, tendo os maiores picos de nevaradas en febreiro.

Medvednica, en comparación coa área de chaira circundante, compórtase como unha "illa climática", nas súas características de clima, conta con máis precipitacións, con temperaturas máis baixas, e maiores duracións e cantidades de neve cuberta.

A área de Medvednica está situada nunha zona de temperatura onde a temperatura do aire diminúe 0,5 °C por cada 100 metros de altitude.

Segundo ás características da taxa anual de precipitacións, Medvednica caracterízase cun réxime de precipitacións continentais, cos picos de precipitacións máis altas durante a parte quente do ano (De abril a setembro).

Centro deportivo invernal[editar | editar a fonte]

Hai un centro de deportes de inverno, nas ladeiras da cara norte do Sljeme. No centro xa se realizaron varios eventos coma a Copa do Mundo de Esqui Alpino e o evento nacional croata de slalom, o Snow Queen Trophy.

En Medvednica hai unha ducia de refuxios de montaña coma bungalós.

Debido á súa proximidade coa cidade de Zagreb, Medvednica ten moitos visitantes, especialmente durante as findes de semana.

Entre os sitios máis populares a visitar está a cova Veternica con 2.622 metros de lonxitude pola canle principal.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 45°55′N 15°58′L / 45.917, -15.967