Medalla da coroación de Eduardo VII do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Medalla da coroación de
Eduardo VII do Reino Unido


Versión en prata da medalla

Outorgada polo Reino Unido
Tipo Coroación.
Graos Prata e bronce.
Elixibilidade Militares en servizo e civís británicos e da Commonwealth.
Outorgada por Participación na coroación.
Gran mestre Eduardo VII do Reino Unido.
Descrición Medalla oval de 30 x 38 mm.
Anverso: retratos acaroados e coroadosda parella real.
Reverso: monograma real e data.
Estadísticas
Establecida 1902

A medalla da coroación de Eduardo VII do Reino Unido foi unha medalla emitida en conmemoración dos actos da coroación, en 1902, do rei Eduardo VII do Reino Unido e a raíña Alexandra de Dinamarca.

Graos e destinatarios[editar | editar a fonte]

A medalla concedeuse en dous graos, en correspondencia coas súas versións metálicas, de prata e de bronce. En ambos os casos, non portaba o nome do destinatario.[1] A medalla de prata estivo destinada aos membros da familia real, aos dignatarios, aos altos cargos do Goberno e aos oficiais das Forzas Armadas que estiveron presentes na cerimonia de coroación, ou ben que traballaron na súa preparación ou que participaron no desfile de coroación. Pola súa banda, os suboficiais seleccionados e outros rangos que participaron no desfile recibiron a medalla de bronce.[2]

Ademais, a medalla de bronce tamén lle foi entregada a un mariñeiro ou infante de mariña de "moi bo" carácter en cada barco da Armada Británica durante a revisión naval de Spithead celebrada o 16 de agosto de 1902.[3] E tamén os dous membros do Servizo de Enfermaría Militar Imperial da raíña Alexandra que coidaron o rei durante a súa doenza previa á coroación recibiron senllas medallas de bronce.[2]

Ata 1918, a medalla levábase no lado esquerdo do peito pendurada dunha fita, xunto con outras medallas de coroación ou de xubileus reais e antes das medallas de campaña,[1] mais a partir de novembro de 1918 alterouse a orde, de maneira que as medallas de coroación pasaron a lucirse a continuación das medallas de campaña, e antes das condecoracións por longos servizos.[4]

As damas podían levar a medalla preto do ombreiro esquerdo, coa fita atada en forma de lazo.[1]

Caracterización[editar | editar a fonte]

Versión principal.

Debido a que o rei enfermou de apendicite, a coroación, prevista inicialmente para o 26 de xuño de 1902, tivo que posporse en tanto que o monarca non se recuperase da operación, e a coroación celebrouse en realidade o 9 de agosto de 1902. Este cambio produciuse demasiado tarde como para se reflectir nas medallas, que mantiveron a data anterior.[2]

Versións e fitas[editar | editar a fonte]

Medalla principal[editar | editar a fonte]

Á medalla concedida á realeza, a funcionarios, a dignatarios e a militares, descrita anteriormente, correspóndelle unha fita de cor azul escuro cunha franxa vermella central e bordos brancos a ambos os lados.[6]

Versión para alcaldes e prebostes.

Medalla para alcaldes e prebostes[editar | editar a fonte]

Tamén se emitiu unha medalla especial, unicamente en prata e concedida a alcaldes e prebostes. A súa forma era circular, cun deseño moi similar, aínda que cos bustos dos monarcas ollando cara á dereita.[3] A súa fita era de cor azul escuro con bordos vermellos e cunha franxa central estreita de cor branca.[6]

Medalla para a Policía[editar | editar a fonte]

Existe unha terceira versión, cun tamaño superior e un deseño diferente, dedicada aos corpos policiais. Con ela continuouse o costume de conceder unha medalla especial á Policía e aos servizos de apoio durante as grandes celebracións reais, establecido coas medallas de policía do Xubileu de Ouro e Diamante da raíña Vitoria.[7] Entregouse en prata e en bronce, segundo o rango do beneficiario,[8] e as de prata estaban reservadas para os superintendentes e superiores da Policía e do corpo de Bombeiros.[9] Concedeuse un total de 67 medallas de prata e 19.885 de bronce.[10]

Versión para a Policía.

No reverso indícase o servizo que prestaba o galardoado, o que establece cinco variantes:

  • Policía Metropolitana: 51 de prata e 16.709 de bronce.
  • Policía da Cidade de Londres: 5 de prata e 1.060 de bronce.
  • Bombeiros Metropolitanos de Londres (LCCMFB): 10 de prata e 1.000 de bronce.[9]
  • Brigada de Ambulancias St John: 912 de bronce.
  • Servizo de Ambulancias da Policía: 1 de prata[11] e 204 de bronce.

A medalla ten un diámetro de 36 mm e foi deseñada por George William de Saulles.[7] No anverso amosa o busto coroado e togado de Eduardo VII cara á esquerda coa inscrición EDWARDVS VII REX IMPERATOR. O reverso loce a coroa imperial sobre pólas de carballo e loureiro, e baixo a inscrición CORONATION OF HIS MAJESTY KING EDWARD VII 1902 ("Coroación da Súa Maxestade o rei Eduardo VII 1902"), e coa lenda alusiva ao corpo do seu perceptor na parte superior: METROPOLITAN POLICE, ST. JOHN'S AMBULANCE BRIGADE ou METROPOLITAN FIRE BRIGADE.[8] O rango, o nome e a división do condecorado están gravados no canto da medalla.

A súa fita é de 32 mm de ancho e de cor vermella cunha estreita franxa central azul.[6]

En 1903, o ano seguinte á coroación, emitiuse unha variante desta medalla para os membros da Policía e os servizos auxiliares escoceses en servizo durante as celebracións relacionadas coa visita do rei a Escocia no mes de maio, logo da súa coroación. Esta medalla é idéntica á anterior, agás pola inscrición do reverso, que neste caso é FROM HIS MAJESTY KING EDWARD VII 1903 ("Da Súa Maxestade o rei Eduardo VII 1903"), con SCOTTISH POLICE ("Policía escocesa") encima.[12] A cinta é de cor vermella lisa. Concedéronse 2.957 medallas, todas en bronce.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cole, H. N. (1977). Páxinas 3-4.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Cole, H. N. (1977). Páxinas 19-23.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Dorling, H. T. (1946). Páxina 98.
  4. "Nº 32300". The London Gazette. 22 de abril de 1921. Páxina 3.184.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mussell, John W. (ed.) (2014). Páxina 289.
  6. 6,0 6,1 6,2 "United Kingdom: Ribbon Chart 6 - Campaign Medals, Polar Medals & Royal Medals". Medals of the World (Medals.org.uk).
  7. 7,0 7,1 Cole, H. N. (1977). Páxinas 31-33.
  8. 8,0 8,1 Dorling, H. T. (1946). Páxinas 98-99.
  9. 9,0 9,1 "Silver medals for the 1902 coronation to senior police officers, Derek Bunning". En Journal of the Orders and Medals Research Society. Xuño de 2017. Páxinas 106-112.
  10. 10,0 10,1 Mussell, John W. (ed.) (2014). Páxina 284.
  11. "Silver medals for the 1902 coronation to senior police officers, Derek Bunning". En Journal of the Orders and Medals Research Society. Xuño de 2017. Páxina 109.
  12. "The King Edward VII Police (Scotland) Medal 1903 History". Scottishpolicemedals.co.uk

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cole, H. N. (1977). Coronation and Royal Commemorative Medals. J. B. Hayward & Son, Londres. ISBN 978-0903754118
  • Dorling, H. T. (1946). Ribbons and Medals. A. H. Baldwin & Son, London.
  • Mussell, J. W. (ed.) (2014). Medal Yearbook 2015. Token Publishing, Honiton, Devon. ISBN 978-1908828163

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]