Mazarico escolopáceo
Mazarico escolopáceo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Área de reprodución (laranxa), área de migración (amarela), área non reprodutora (azul)
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O mazarico escolopáceo ou becacina escolopácea (Limnodromus scolopaceus) é unha especie de ave limícola de mediano tamaño. O nome do xénero Limnodromus procede do grego antigo limne, 'marisma' e dromos, 'corredor'. O nome específico, scolopaceus, é de orixe neolatina, que significa 'similar á becacina', de scolopax, scolopacis.[2]
Os adultos teñen patas amareladas e un peteiro longo e escuro. O seu corpo é marrón escuro na parte superior e avermellado na inferior coa gorxa e peito con pintas e barras nos flancos. A cola ten un patrón barrado negro e branco. A plumaxe de inverno de adultos e xuvenís é predominantemente gris.
O seu hábitat reprodutor é a tundra húmida do norte distante de Norteamérica e do leste de Siberia. Aniñan no chan, xeralmente preto da auga.
Migran ao sur dos Estados Unidos e chegan polo sur ata América Central. O mazarico escolopáceo é un raro visitante de Europa occidental, e algúns individuos permanecen en Europa durante longos períodos. Pode verse en Galicia como ave accidental moi rara.
Aliméntanse sondando co peteiro en augas pouco profundas e na lama. Comen principalmente insectos, molusocs, crustáceos e vermes mariños e algúns vexetais.
É máis probable velo preto de zonas de auga doce que o seu conxénere o mazarico cincento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Limnodromus scolopaceus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 227, 351. ISBN 978-1-4081-2501-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Long-billed dowitcher |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mazarico escolopáceo |
- Long-billed dowitcher - Limnodromus scolopaceus - USGS Patuxent Bird Identification Infocenter
- Vídeos, fotos, e sons de Long-billed dowitcher na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Long-billed dowitcher en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Limnodromus scolopaceus en IUCN Red List maps
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |