Maxime Dominguez
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 1 de febreiro de 1996 Xenebra | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,73 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Suíza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Major League Soccer | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Maxime Dominguez, nado en Xenebra o 1 de febreiro de 1996 en Xenebra, é un futbolista suízo, de orixe galega, que xoga de centrocampista no Miedź Legnica da segunda división polaca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Xenebra, sendo fillo dunha suíza e dun galego natural do barrio coruñés dos Mallos.[1] Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Servette FC da súa cidade natal, subindo ao primeiro equipo en 2014. Debutou co primeiro eqiupo na Challenge League o 17 de febreiro de 2014 contra o FC Vaduz.[2] Marcou o seu primeiro gol nove días despois, na vitoria por 1-4 contra o FC Chiasso.[3]
En febreiro de 2015 saíu cedido ao FC Zürich e en outubro o club incorporou ao xogador en propiedade. Entre 2016 e 2020 xogou no Lausanne-Sport e tras pasar polo Neuchâtel Xamax,[4] deixou en 2021 o fútbol suízo para fichar polo Miedź Legnica da segunda división polaca.[5]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional nas categorías inferiores da selección suíza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Candal, Rocío (3 de setembro de 2018). "Memorias deportivistas de los hijos de la emigración" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Servette - Vaduz 2014". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Chiasso - Servette 2014". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Dominguez rejoint Xamax" (en francés). 8 de setembro de 2020. Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Dominguez wzmacnia środek pomocy Miedzi!" (en polaco). 10 de xullo de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en weltfussball.de (en alemán).