Saltar ao contido

Campo de concentración de Mauthausen-Gusen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mauthausen»)
Modelo:Xeografía políticaCampo de concentración de Mauthausen-Gusen
KZ Mauthausen (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°15′27″N 14°30′02″L / 48.257519, 14.500431
EstadoAustria
EstadosAlta Austria - Oberösterreich
Distrito da Áustria (pt) TraducirPerg (pt) Traducir
Vila con mercadoMauthausen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación8 de agosto de 1938 Editar o valor en Wikidata
Disolución5 de maio de 1945 Editar o valor en Wikidata
Listed objects in Austria (en) Traducir
Identificador71865

BNE: XX451919
Prisioneiros de Mauthausen saúdan, no momento da súa liberación, á 11º División Acoirazada dos EEUU baixo unha pancarta en castelán: Los antifascistas españoles saludan a las fuerzas liberadoras.

O campo de concentración de Mauthausen (dende o verán de 1940, Mauthausen-Gusen) foi un grupo de 49 campos de concentración nazis situados ao redor da pequena localidade de Mauthausen en Austria, aproximadamente a 20 quilómetros de Linz. O campo estableceuse o 8 de agosto de 1938, e liberouse o 5 de maio de 1945, da man da 41º Escuadra de Recoñecemento da 11º División Acoirazada do Exército dos Estados Unidos, baixo o mando de Franz Ziereis.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]
Estimación da orixe dos prisioneiros mortos en Mauthausen.

A diferenza de moitos outros campos de concentración, Mauthausen foi usado sobre todo para a exterminación de intelectuais, xente culta e membros das clases máis altas dos países dominados por Alemaña durante a segunda guerra mundial. Ata comezos de 1940, o grupo máis numeroso de internos compúñase de socialistas alemáns, homosexuais e romaneses. En 1940 un gran número de polacos foi trasladado ao complexo Mauthausen-Gusen, na súa maioría artistas, científicos e profesores.

Dende o 6 de agosto de 1940 tamén houbo grupos de españois que foron transferidos ao campo, provenientes dos Stalags ou campos de prisioneiros de guerra. Tratábase de exiliados españois que, tras saíren de España en 1939, foran encadrados no Exército francés e que no momento da invasión de Francia pola Wehrmacht foron capturados polas tropas alemás. En total entre 1940 e 1945 pasaron por Mauthausen e ós seus subcampos preto de 8000 españois, dos cales faleceron ao redor de 6.000[2].

A finais de 1941 chegaron numerosos prisioneiros de guerra soviéticos. Era o primeiro grupo destinado a morrer nas cámaras de gas, a comezos de 1942. Antes, os prisioneiros que xa estaban exhaustos foran transferidos ao Castelo de Hartheim, onde a cámara de gas e un forno crematorio levaban funcionando dende 1940.

En 1944 foi internado un numeroso grupo de xudeus húngaros e holandeses. A maior parte deles morreron como consecuencia dos traballos forzados e as nefastas condicións, ou foron guindados pola canteira de Mauthausen (alcumada como a Parede de Paracaídas polas gardas das SS). Durante os meses finais da guerra, aproximadamente 20.000 prisioneiros doutros campos de concentración foron levados ao complexo.

Campo de concentración de Mauthausen-Gusen (2016)

O número estimado dos prisioneiros que pasaron por todos os subcampos é 235.000; a maior parte deles foi obrigada a facer traballos forzados na canteira de granito Wienergraben. Aproximadamente 122.000 foron asasinados. As condicións de vida eran sumamente sórdidas; todos foron mal alimentados e as enfermidades sen unha asistencia médica apropiada causaron estragos.

No mes setembro de 1944 abriuse no complexo un campo para mulleres, coincidindo coa chegada de prisioneiras dende Auschwitz. Eventualmente máis mulleres e nenos foron internados en Mauthausen procedentes de Ravensbruck, Bergen Belsen, Gross Rosen, e Buchenwald. Con eles chegaron tamén algunhas matronas.

Varios subcampos de Mauthausen incluían fábricas de armas e municións, canteiras, minas e plantas de montaxe do Messerschmitt Me 262 (o primeiro avión de combate a reacción). Ademais, os internos foron usados como escravos en granxas próximas. Aqueles que traballaban nas canteiras facíano durante 12 horas ao día ata quedar totalmente esgotados. Despois eran transferidos a outros campos de concentración para seren exterminados, ou ben eran eliminados cunha inxección letal no propio campo e posteriormente, incinerados nun crematorio local.

Galegos en Mauthausen

[editar | editar a fonte]
Pedra da memoria en Nigrán

Mauthausen-Gusen foi o principal destino para os galegos que acababan nos campos de concentración.[3] No BOE do 9 de agosto de 2019, o goberno español publicou unha lista cos nomes dos 4.427 españois mortos no campo de Mauthausen e no de Gusen, que estaba adscrito a este. A lista foi realizada a partir dos traballos dun feixe de historiadores dirixidos polo profesor da Universidade Complutense de Madrid, Gutmaro Gómez Bravo. Nesa listaxe aparecen os nomes de máis de 100 galegos (20 de Lugo, 20 de Ourense, 20 de Pontevedra e 42 da Coruña).[4]

  1. "Historia del Campo. mauthausen-memorial.at". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2015. 
  2. http://www.galiciae.com/nova/11191.html[Ligazón morta] Austria lembra a liberación de Mauthausen
  3. Piñeiro, X.M. Sermos Galiza, ed. "72 aniversario da liberación de Auschwitz: Os galegos presos e mortos nos campos de exterminio nazis". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 10 de xuño de 2018. 
  4. Pan-Montojo, Nicolás; Del Ser, Guiomar. "4.427 nombres españoles contra la barbarie nazi en Mauthausen". elpais.com (en castelán). Consultado o 9-8-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]