Matti Nykänen
Matti Nykänen | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Matti Ensio Nykänen |
Nacemento | 17 de xullo de 1963 |
Lugar de nacemento | Jyväskylä |
Falecemento | 4 de febreiro de 2019 |
Lugar de falecemento | Joutseno |
Causa | pancreatite e pneumonía |
Soterrado | Jyväskylä old cemetery |
Nacionalidade | Finlandia |
Ocupación | saltador de esquí, político, cantante e deportista |
Cónxuxe | Mervi Tapola e Mervi Tapola |
Premios | Holmenkollen Medal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Matti Ensio Nykänen, nado o 17 de xullo de 1963, é un antigo saltador de esquí finés.
Biografía[editar | editar a fonte]
Nykänen naceu na localidade de Jyväskylä. En 1981 conseguiu o seu primeiro campionato e ó ano seguinte o seu primeiro título mundial nos Campionatos de Europa de Esquí Nórdico. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 acadou a medalla de ouro en gran trampolín e a de prata no trampolín pequeno. Pero a súa grande actuación vai ser nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 conseguindo as tres medallas de ouro da disciplina, os dous títulos individuais e o novo título por equipos. Segue a competir na categoría de veteranos, e o 28 de febreiro de 2008 gañou o Campionato Internacional de Veteranos[1].
Na súa vida persoal viuse envolto en diversos escándalos, chegando mesmo a estar en prisión en 2004 por homicidio. Despois de deixar a alta competición dedicouse profesionalmente á canción, editando tres álbums.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "2008 International Masters Ski". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o 10 de novembro de 2009.
- Saltadores de esquí olímpicos de Finlandia
- Nados en Jyväskylä
- Nados en 1963
- Medallistas olímpicos de ouro por Finlandia
- Medallistas olímpicos de prata por Finlandia
- Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984
- Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988
- Medallistas olímpicos en salto de esquí
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988