Matthew Hayman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matthew Hayman

Hayman durante o Tour Eurometropol no 2014
Información persoal
Nacemento Matthew Hayman
20 de abril de 1978 (45 anos)
Camperdown, Nova Gales do Sur, Australia Australia
Profesión Ciclista, Director deportivo
Equipo
Último equipo Retirado
Equipo(s) Pro
Equipos profesionales
2000-2009
2010-2013
2014-01.2019
Rabobank
Sky
Orica/Mitchelton
Principais vitorias
París Roubaix 2016

Matthew Hayman, nado en Camperdown (Nova Gales do Sur) o 20 de abril de 1978, é un ciclista profesional retirado e agora director deportivo australiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como corredor pasou gran parte da súa carreira profesional sendo gregario e traballando sempre para o interese do equipo. Na París-Roubaix 2016 chegoulle o seu momento de gloria ao chegar só o velódromo de Roubaix e converterse no segundo australiano tras Stuart O´Grady en conseguir gañar no "inferno do norte"[1][2].

Retirouse do ciclismo activo no 2019 tras rematar o Tour Down Under e dende ese mesmo instante paso a formar parte do corpo técnico do seu equipo, o Orica Green-Edge, agora Mitchelton-Scott.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mathew Hayman". www.procyclingstats.com. Consultado o 2020-04-15. 
  2. "Hayman cooks up Roubaix surprise". VeloNews.com (en inglés). 2016-04-10. Consultado o 2020-04-15.