Saltar ao contido

Matt Stainbrook

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMatt Stainbrook
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Dayton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónXavier University (en) Traducir (2012–2015)
Western Michigan University (en) Traducir (2010–2012)
St. Edward High School (en) Traducir
Western Michigan University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura2.080 mm Editar o valor en Wikidata
Peso270 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta, baloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2012 Western Michigan Broncos men's basketball
2010– Western Michigan Broncos men's basketball
2013–2015 Xavier Musketeers men's basketball
2015– Crailsheim Merlins

sen valor Editar o valor en Wikidata

Matthew Harrison "Matt" Stainbrook, nado o 5 de marzo de 1992 en Dayton, Ohio, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado nas universidades de Western Michigan e Xavier, onde foi un dos líderes de anotación e rebotes do equipo. Actualmente xoga para o TAU Castellò da Liga LEB Ouro, no que se desenvolve na posición de pivote cunha altura de 2,08 metros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Dayton, Ohio, Stainbrook é fillo de Dave Stainbrook, destacado xogador de fútbol americano universitario na década de 1980 e posteriormente enxeñeiro de sofware para a NASA. Criado nas aforas de Cleveland, nunha entrevista en 2015 co New York Times admitiu que durante a súa época no instituto pasou desapercibido, non conseguindo ser xogador do equipo de baloncesto até o seu último ano no mesmo. Ao acabar no intituto tiña planificado xogar na Case Western Reserve University da terceira división da NCAA, aínda que finalmente recibe unha oferta da Western Michigan University da primeira división.[1]

A pesar de ser ignorado no instituto, na universidade gañouse moi pronto o posto de pivote titular no equipo, debutando na competición ante Xavier con 10 puntos e 7 rebotes. O adestrador de Xavier comentou despois do encontro que como se puidera escapar do reclutamento un xogador co cabelo alborotado, protectores en xeonllos e cotobelos, e lentes protectoras. Curiosamente, Stainbrook terminaría por ser transferido á universidade de Xavier. Con todo, pedíronlle antes de xogar que se cortase o cabelo, que deixase de usar os protectores e que perdese 23 kg (50 lb). Tamén tentaron que deixase as lentes, mais o xogador declarou que estaban baixo prescripción e as necesitaba. En Xavier foi nomeado no segundo mellor equipo da Conferencia Big-East con 12 puntos e 7 rebotes, axudando ao seu equipo a chegar aos oitavos de final (Sweet 16) da NCAA. Ao acabar a temporada participou co equipo universitario de lanzamento de disco e peso.

Tras final a súa etapa universitaria, xogou nas ligas de verán da NBA cos Indiana Pacers e os Golden State Warriors. O 28 de agosto de 2015 asina o seu primeiro contrato profesional cos Crailsheim Merlins da Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto alemán, onde fixo unha media de 7,83 puntos, 4,59 rebotes e 1,34 asistencias por partido.[2] Tras finalizar a temporada en alemaña, o 20 de outubro de 2016 anúnciase a súa incorporación ao Club Baloncesto Breogán de Lugo, equipo que xa o quixera contratar a anterior temporada para substituír a Gary McGhee.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Stainbrook é fillo de Nancy e Dave Stainbrook, e ten dous irmáns. O seu pai, Dave, xogou ao fútbol americano para a Universidade de Ohio desde 1980 até 1985. O seu irmán máis vello Andy mide 2,06 m e acudiu a United States Air Force Academy, e o seu irmán máis novo Tim (1.98 m), asiste a Xavier, sendo un episodio relacionado con este irmán o que levou a Matt a gañar moita notoriedade a nivel estadounidense, xa que traballou a tempo parcial como condutor para Uber para axudar a pagar os estudos en Xavier ao seu irmán Tim.

  1. Branch, John (26 de marzo de 2015). "Matt Stainbrook Drives Strangers Around, and Xavier Onward". The New York Times (en inglés). 
  2. "Matthew Stainbrook". BBL (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]