Mate de coca
O mate de coca ou té de coca (do quechua kuka mat'i) é unha infusión de follas de coca das rexións andinas de Bolivia e do Perú. A súa presenza abrangue tamén outros países andinos, como Ecuador, o norte de Chile, algunhas zonas de Colombia e todo o norte da Arxentina.
É unha bebida consumida como estimulante e tamén para curar o soroche ou mal de montaña. Posúe, amais, un valor simbólico.[1] A bebida ten efectos enerxizantes similares aos do café.
A venda e consumo das follas de coca é legal no Perú, Colombia e Bolivia, e tamén é moi común no norte da Arxentina. Nos restaurantes, ao finalizar a comida, é común ofrecer mate de coca en bolsas filtrantes para estimular a dixestión. Pode ser endulzado con azucre ou mel.
Plantas utilizadas
[editar | editar a fonte]Polo xeral, utilízanse catro variedades de plantas da familia das Erythroxylaceae: [2][3]
- E. coca var. coca
- E. coca var. ypadu (coca amazónica)
- E. novogranatense var. novogranatense (coca boliviana)
- E. novogranatense var. truxillense (coca de Trujillo)
Características
[editar | editar a fonte]A infusión conserva algunhas propiedades farmacolóxicas da folla de coca. A comercialización en bolsas filtrantes é legal no Perú e Bolivia, do mesmo xeito que a fariña de coca.[4]
É de cor verde amarelenta. Ten un lixeiro sabor amargo, parecido ao té verde, mais lixeiramente máis doce.
Usos en Suramérica
[editar | editar a fonte]Uso medicinal
[editar | editar a fonte]O consumo de mate de coca é común en varios países de Suramérica. Os pobos indíxenas das montañas dos Andes emprégano con fins medicinais e relixiosos.[5]
O consumo de mate de coca e o mascado das follas de coca incrementan a absorción do osíxeno no sangue. En consecuencia, axudan a combater o mal de montaña e favorecen a dixestión. Ademais, ten un efecto carminativo, é dicir, favorece a expulsión de gases do tubo dixestivo.
A fariña de coca consiste en follas de coca moídas finamente. Pode empregarse como o café nunha máquina de café, para obter unha bebida máis forte e concentrada.
Turismo
[editar | editar a fonte]Nos "Camiños do Inca" a Machu Picchu os guías ofrecen mate de coca frecuentemente en cada comida, para aliviar o mal de montaña.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Agustín Guzmán. "La hoja de coca no es alucinógena". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2021-05-11.
- ↑ Engelke, Beatriz Ferreira; Gentner, Walter A. (1991-01). "Determination of Cocaine in “Mate de Coca” Herbal Tea" (en inglés) 80 (1): 96. doi:10.1002/jps.2600800123. Consultado o 3 de agosto de 2020.
- ↑ Bieri, Stefan; Brachet, Anne; Veuthey, Jean-Luc; Christen, Philippe (2006-02). "Cocaine distribution in wild Erythroxylum species" (en inglés) 103 (3): 439–447. doi:10.1016/j.jep.2005.08.021. Consultado o 3 de agosto de 2020.
- ↑ Bel, Pierina Pighi (4 de outubro de 2018). "Por qué la DEA permite a una empresa de EE.UU. importar hoja de coca de Perú para la fabricación de cocaína". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2020.
- ↑ "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2006. Consultado o 27 de outubro de 2006. Substances that produce addiction - Universidad de Buenos Aires
- ↑ http://www.43places.com/entries/view/737664 Arquivado 19 de marzo de 2008 en Wayback Machine. What's the best way to prevent altitude sickness?
- ↑ http://www.virtualtourist.com/travel/South_America/Peru/Departamento_de_Cusco/Cusco-1609235/Warnings_or_Dangers-Cusco-Altitude_Sickness_Soroche-BR-1.html Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Altitude Sickness - Soroche, Cusco by Virtual Tourist