Conversa:Matanza do día de San Bartolomeu

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Creo que a forma correcta é Bertomeu, e non debería ser simplemente Matanza de San Bertomeu?, penso que é máis común sen o día--André 14:19, 25 agosto 2007 (UTC)

  • Polo que vin, en galego é Bartolomeu. AlberteSi, digame? 15:38, 26 agosto 2007 (UTC)
  • Na páxina de Fillos de Galicia teñen Bartomeu como forma principal e Bartolomeu, Bertomeu, Bértalo como variantes ([1]) na da Mesa da Normalización Lingüística teñen a forma Bartolomeu ([2])
  • O que parece que está claro é que Bartolomé é un castelanismo podemos poñer Bartolomeu xa que está recollido polas dúas fontes, ou se pensades que é mellor podemos agardar un pouco por se alguén dispón de máis fontes para decidir a forma máis correcta.--André 20:21, 26 agosto 2007 (UTC)
Outra fonte, segundo o nomenclator da Xunta (nunha mirada rápida non as contei de xeito moi preciso) hai 40 parroquias que teñen a forma Bartolomeu, e ningunha as outras variantes, é un dato que reforza a forma Bartolomeu.--André 20:44, 26 agosto 2007 (UTC)