Massine Fall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Massine Fall
Força Lleida CE
Información persoal
Nacemento 1 de xaneiro de 1993 (31 anos)
Senegal Guédiawaye, Senegal
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Carreira 2011−presente
Historial de equipos
Fuenlabrada (2011–2012) ACB
Illescas-Fuenlabrada (2011–2012) EBA
Ávila (2012−2013) LEB Prata
Albacete Basket (2013−2014) EBA
Ovarense (2014–2015) LPB
Albacete Basket (2015−2016) EBA
CAM Enrique Soler (2016) EBA
Melilla (2017−2018) LEB
Força Lleida (2018–2019) LEB
Breogán (2019–2020) LEB
Ourense (2020–2021) LEB
Força Lleida (2021–presente) LEB

Massine Fall, nado o 1 de xaneiro de 1993 en Guédiawaye, Rexión de Dakar, é un xogador profesional de baloncesto senegalés. Cunha altura de 2,08 m xoga na posición de pivote para o Força Lleida CE da Liga LEB Ouro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Guédiawaye, na Rexión de Dakar, Fall chega a España en 2008 para xogar no Villa de Adeje en categoría cadete. Posteriormente, no seu primeiro ano como júnior, xogou co Club Baloncesto Aridane, debutando na Liga EBA con 16 anos e participando nun total de 29 xogos. No seu segundo ano júnior xogou no Club Baloncesto San Isidro, participando tamén na Liga EBA en 18 partidos (4,2 puntos, 5,7 rebotes e 1,1 tapóns en 17 minutos por xogo). Co equipo canario disputa o Campionato de España júnior de 2011, logrando ser o máximo reboteador do Torneo.[1] Na primeira xornada do Campionato, fronte ao Manresa, Fall conseguiu 30 puntos, 29 rebotes e 51 de valoración, o que espertou o interese de varios equipos.

Ne temporada 2011−12 asina polo Baloncesto Fuenlabrada. Ese ano xogou no filial, o Club Baloncesto Illescas de Liga EBA, cuns números que demostraban su progresión (8,3 puntos, 6,5 rebotes e 1,8 tapones por xogo). Ese ano tivo a oportunidade na máxima categoría do baloncesto español, debutando na primeira xornada da Liga ACB contra o Real Madrid. Ademais, debutou a nivel europeo no FIBA EuroChallenge. En febreiro de 2012 foi cedido ao Carrefour El Bulevar de Ávila de LEB Prata, equipo que tiña un acordo de colaboración co Baloncesto Fuenlabrada, procurando así continuar co seu crecemento como xogador. Na temporada 2013−14 xoga no Albacete Basket de Liga EBA. No seu primeiro encontro de liga cos albaceteños, contra o Real Canoe, logrou 14 puntos, 10 rebotes e 2 tapóns. Na súa segunda temporada en Albacete conseguiu o ascenso á Liga LEB Prata.

No verán de 2016 asinou polo CAM Enrique Soler, equipo vinculado ao Club Melilla Baloncesto. Fall convértese nunha das pezas chave do equipo, que finalizou como líder do Grupo D da Liga EBA, facendo unha media de máis de catorce puntos e nove rebotes por encontro. A comezos de 2017 incorpórase ao Melilla de LEB Ouro. Na xornada 20 dese mesmo ano foi nomeado no mellor quinteto após acadar 25 de valoración con 17 puntos (7/7 TL e 5/6 TC), 5 rebotes, 5 tapóns e 4 faltas recibidas. Tras xogar na temporada 2017−18 de novo en Melilla, na temporada 2018−19 asina polo Força Lleida da mesma categoría. O 14 de agosto de 2019 incorpórase ao Club Baloncesto Breogán para suplir a cesión de Hervé Kabasele ao Real Canoe.[2]

Tras unha tempada en Lugo, Fall asinou por unha tempada co Club Ourense Baloncesto da Liga LEB Ouro.[3]

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]