Saltar ao contido

María Anxelina Ducaina Paleóloga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Anxelina Ducaina Paleóloga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1350 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 1394 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Ioannina, Grecia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Nemanjić Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTomé Preljubović
Esaú de' Buondelmonti Editar o valor en Wikidata
FillosIrene Preljubović
 () Tomé Preljubović Editar o valor en Wikidata
PaisSimeón Uroš Editar o valor en Wikidata  e Thomais Orsini Editar o valor en Wikidata
IrmánsJohn Uroš Editar o valor en Wikidata

María Angelina Ducaina Paleóloga ou Marija Angelina Nemanjić (en grego: Μαρία Αγγελίνα Δούκαινα Παλαιολογίνα, serbio cirílico: Марија Ангелина Немањић), nada aprox. en 1350 e finada o 28 de decembro de 1394, foi a autoproclamada basilisa (emperatriz, raíña) de Epiro desde 1384 até 1385, sucedendo no goberno ao seu marido asasinado Tomé Preljubović.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

María era a filla do autoproclamado emperador Simeón Uroš, o medio irmán do emperador Estevo Uroš IV Dušan de Serbia e Tomaida Orsini. O seu avó materno foi Xoán Orsini de Epiro. En 1366, María casou con Tomé Preljubović, que foi nomeado gobernador de Epiro en Ioánina polo seu pai. Popular entre os seus súbditos, foi aparentemente maltratada polo seu marido e conspirou no seu asasinato o 23 de decembro de 1384.

A poboación de Ioánina aclamou a María como gobernante. Ela usou o título de basilisa, forma feminina de basileo. Convocou ao seu irmán Xoán Uroš Ducas Paleólogo (agora monxe baixo o nome de Joasaf) para asesorala nos asuntos de Estado. Xoán Uroš suxeriu que María casase con Esaú de Buondelmonti, un dos nobres latinos capturados por Tomé en 1379. Hai unha alegación de que María xa estaba namorada del antes do asasinato do seu marido, e que este asunto resultara no asasinato de Tomé.

María casou con Esaú en febreiro de 1385, e sobreviviu durante unha década máis, morrendo o 28 de decembro de 1394. A Crónica de Ioánina, hostil cara á Tomé, describe a María en termos moi afagadores, o historiador bizantino Laónico Calcocondilas suxire que era unha esposa infiel de moralidade cuestionábel. Ambos os relatos poden estar nesgados. María non parece ter fillos sobreviventes de calquera destes matrimonios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]