Mary Horner Lyell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mary Elizabeth Horner Lyell»)
Infotaula de personaMary Horner Lyell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1808 Editar o valor em Wikidata
St Pancras (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de abril de 1873 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Kensington Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Brookwood (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxeóloga , coleccionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua alemá, lingua francesa, lingua castelá e lingua sueca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCharles Lyell (1832–)
PaisLeonard Horner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anne Susan Lloyd (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSusan Horner (pt) Traducir, Leonora Pertz (en) Traducir, Frances Joanna Bunbury (pt) Traducir, Katherine Murray Lyell e Joanna Baillie Horner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Horner-3093

Mary Elizabeth Horner Lyell, nada o 9 de outubro de 1808 e finada o 24 de abril de 1873, foi unha concóloga e xeóloga inglesa e colaboradora do seu compañeiro o xeólogo Charles Lyell. Aínda que non acadou o recoñecemento individualmente, os historiadores consideran que é probable que contribuíse moito ao traballo do seu marido e que a súa notoriedade eclipsase a súa propia imaxe.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mary Elizabeth Horner era a maior de seis fillas de Leonard Horner,[2] profesor de Xeoloxía que ensinou en Inglaterra e Alemaña. Leonard Horner quería que todos os seus fillos tivesen unha boa educación. Mary converteuse en concóloga e xeóloga, mentres que a súa irmá máis nova, Katharine, aprendeu a botánica. Casou con Charles Lyell en xullo de 1832, con quen compartiu non só o seu amor pola xeoloxía, senón tamén o seu amor pola literatura e as relacións amigables no mundo literario.[3] A súa irmá Katherine casou con Henry Lyell, o irmán máis novo de Charles.

Horner Lyell é máis coñecida polo seu traballo científico de 1854, onde estudou e clasificou a súa colección de caracois terrestres das Illas Canarias.[1] Este estudo foi comparado co de Charles Darwin sobre aves e tartarugas das illas Galápagos.[4] Mary e Charles eran un equipo científico. Ela acompañouno nas súas excursións e axudouno debuxando esbozos dos seus achados xeolóxicos; empaquetar a súa roupa, equipamento e exemplares; catalogar as súas coleccións de rochas, minerais e fósiles; aprender español e sueco ademais das linguas que xa coñecía, francés e alemán, para traducir a súa correspondencia e axudalo a comunicarse; e facendo de escriba cando a súa vista comezou a fallar coa idade.[1][4]

O xeólogo Roderick Murchison sinala a súa asistencia ás conferencias especiais da Sociedade Xeolóxica de Londres e está claro que tiña un grande interese e un profundo coñecemento da xeoloxía.[1][4] Horner Lyell mantivo correspondencia con Elizabeth Agassiz sobre a xeoloxía glaciar de América do Sur e tamén co naturalista William Prescott.[1][4] Foi testemuña das conversacións do seu marido con Charles Darwin, e Darwin sentiu que merecía un "monumento á paciencia" por ter que soportar discusións longas e pouco sofisticadas, e despois descubriu que Horner Lyell realmente se deleitaba en escoitalas.[5]

Mary Horner Lyell non logrou o recoñecemento individualmente, pero algúns historiadores consideran que probablemente contribuíu en gran medida ao traballo científico de Charles Lyell, que o seu propio traballo se fundiu co traballo do seu marido e que a súa notoriedade eclipsou a súa propia imaxe.[5] Tras a morte do seu marido, a autora da necrolóxica escribiu sobre Mary: "Se ela non fose parte del, ela mesma gozaría de máis fama".[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Cole, Ellen (2013). Women's Work: A Survey of Scholarship By and About Women. Routledge. pp. 55–56. ISBN 9781136376276. 
  2. Women in Science. The Massachusetts Institute of Technology. 1986. 
  3. Somerville, Mary (2001). Queen of Science: Personal Recollections of Mary Somerville. Canongate Books. p. 351. ISBN 9781847674654. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Ellen Cole, Esther D Rothblum & Donna M Ashcraft (2013). Women's Work: A Survey of Scholarship By and About Women. Routledge. pp. 55–56. ISBN 9781136376276. 
  5. 5,0 5,1 Hunter, Dana. "Mary Horner Lyell: "A Monument of Patience"". Scientific American Blogs (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  6. Martínez Pulido, Carolina (24 de novembro de 2014). Universidad del País Vasco, ed. "Compañeras invisibles II: Mary Elizabeth Horner". Mujeres con ciencia. Consultado o 15 de febreiro de 2018.