Bodegas Martín Códax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Martín Códax (adega)")
Bodegas Martín Códax
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1985
Localización Vilariño, Cambados
Industria Enoloxía
Produtos Viño albariño, augardente e licor.
Páxina web www.martincodax.com

Bodegas Martín Códax é unha adega fundada no 1985 en Vilariño, Cambados, adicada á elaboración de viño albariño. Xunto con Condes de Albarei é a adega de maior volume de produción da comarca do Salnés.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Fachada principal.

A empresa constituíuse baixo a forma dunha sociedade anónima. A uva que adquire a adega procede de dúas fontes:

  • Os socios, que posúen a adega e participan na toma de decisións.
  • Particulares aos que se lles merca uva durante a vendima, máis que non participan na vida orgánica da empresa

No ano 2003 comezou a restauración dun edificio en Cacabelos, no Bierzo, coa intención de espallar o negocio á uva mencía.

Tractor agardando por entrar na adega, en plena vendima.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome foi tomado do trobador medieval, e en concordancia coa súa denominación, a empresa patrocinou durante varios anos o Premio de poesía Martín Codax, así coma ao Grupo de Música Antiga Martin Códax.

Premios[editar | editar a fonte]

No 2008 recibiu o medalla de ouro no Concurso Internacional de Viños e Espirituosos CINVE, que tivo lugar na cidade española de Sevilla. O viño gañador foi Martín Códax Lías 2006, que resultou elixido entre candidatos dos cinco continentes [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]