Marjan Šarec

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarjan Šarec

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de decembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Liubliana (República Federal Socialista de Iugoslavia) Editar o valor em Wikidata
Minister of Defence (en) Traducir
1 de xuño de 2022 –
← Matej Tonin
Member of the National Assembly of Slovenia (en) Traducir
13 de marzo de 2020 –
← Karla Urh (en) Traducir
Lexislatura: 8th National Assembly (en) Traducir
Primeiro ministro de Eslovenia
17 de agosto de 2018 – 3 de marzo de 2020 (Moción de censura)
← Miro Cerar (pt) TraducirJanez Janša →
Member of the National Assembly of Slovenia (en) Traducir
3 de xuño de 2018 – 23 de agosto de 2018 (entrada no governo (pt) Traducir)Karla Urh (en) Traducir →
Lexislatura: 8th National Assembly (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEslovenia (1991–)
República Federal Socialista de Iugoslavia (–1991) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Ljubljana (pt) Traducir
Academy of Theatre, Radio, Film and Television (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , actor de televisión , humorista , político , Pallaso Editar o valor em Wikidata
Partido políticoList of Marjan Šarec (en) Traducir (–2022)
Freedom Movement (en) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua eslovena Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvlada.si… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1253120 Twitter: sarecmarjan Editar o valor em Wikidata

Marjan Šarec, nado o 2 de decembro de 1977, é un político, actor e cómico esloveno que exerce como o 9º e actual primeiro ministro de Eslovenia.

Comezou a súa carreira como cómico, entrando despois na política. Foi elixido dúas veces alcalde de Kamnik, participou nas eleccións presidenciais de 2017 (perdendo fronte a Borut Pahor en segunda volta) e entrou na Asemblea Nacional nas eleccións xerais en 2018 co seu partido Lista de Marjan Šarec. O 17 de agosto de 2018 converteuse en primeiro ministro de Eslovenia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de rematar o bacharelato en 1996, Šarec graduouse como actor na Academia de Teatro, Radio, Cine e Televisión de Liubliana no 2001. Nos anos seguintes participou activamente na televisión nacional eslovena, aparecendo no programa de radio Radio Ga-Ga e no programa de televisión Hri-bar. Traballaba principalmente como humorista satírico sobre temas políticos. Durante este tempo, fíxose famoso o seu personaxe Ivan Serpentinšek, un malhumorado habitante rural da Alta Carniola.[2] Tamén realizou imitacións de persoas famosas, entre elas o expresidente de Eslovenia Janez Drnovšek, Karel Erjavec, Osama bin Laden, Fidel Castro, Anton Rop, Jelko Kacin, Janez Janša, Andrej Bajuk e outros. [3] [4] Tamén traballou como xornalista e editor.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Política local[editar | editar a fonte]

Tras as eleccións locais de 2010, Šarec ocupou o cargo de alcalde de Kamnik, un concello do norte de Eslovenia. Despois de rematar segundo na primeira rolda, gañou a segunda volta.[3] Tras ser membro do partido en Eslovenia Positiva de Zoran Janković, Šarec entrou nas eleccións locais de 2014 coa súa propia lista política e foi reelixido na primeira volta con case dous terzos dos votos. Tras converterse en cargo electo, Šarec abandonou os seus personaxes e comprometeuse plenamente ao traballo de alcalde.[5]

Campaña presidencial[editar | editar a fonte]

En maio de 2017, Šarec anunciou que se presentaría ás próximas eleccións presidenciais, que terán lugar o 22 de outubro. A pesar de que os medios lle recordaban a súa carreira como actor, Šarec afirmou ir completamente en serio coa candidatura, xa que "a función do presidente debería ser tratada como seria".[3] Criticando ao presidente Borut Pahor por tratar as funcións presidencial como se fose unha celebridade, Šarec foi visto como un candidato potencialmente forte, que podía atraer á xeración máis nova de electores e votantes inclinándose cara ao lado esquerdo do espectro político.[6] Na primeira volta das eleccións, Šarec gañou o 25% dos votos, o que implicou ir a unha segunda volta contra Pahor o 12 de novembro, na que perdeu por pouco.[7] [8]

Primeiro ministro de Eslovenia[editar | editar a fonte]

En xuño de 2018, Šarec presentouse ás eleccións parlamentarias co partido Lista de Marjan Šarec. O partido gañou o 12,6% dos votos, obtendo 13 deputados.[9] Deste xeito o LMŠ converteuse no segundo maior partido da Asemblea Nacional. O 17 de agosto de 2018, foi elixido novo primeiro ministro de Eslovenia.[1][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Šarec: Očitno nekdo želi, da se mučim naprej" (en esloveno). 17 de agosto de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  2. "Video: Kvajdej poj, babe zoprne!". www.rtvslo.si (en esloveno). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Portret tedna: Marjan Šarec". www.delo.si (en esloveno). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  4. "Marjan Šarec za predsednika države". www.delo.si (en esloveno). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  5. "Marjan Šarec za predsednika: Strici iz ozadja so izgovor šibkih". www.vecer.com (en esloveno). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  6. "Na predsedniško mesto bi se radi zavihteli tudi estradniki". www.rtvslo.si (en esloveno). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  7. "MMCživo: Volilni dan v sliki in besedi". www.rtvslo.si (en esloveno). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  8. "Pahor zmagal v šestih volilnih enotah, Šarec v dveh". www.rtvslo.si (en esloveno). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  9. "Resultados das eleccións de 2018" (en esloveno). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  10. "El populista Marjan Sarec, una incógnita al frente del Gobierno esloveno" (en castelán). 17 de agosto de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]