Primeiro ministro de Eslovenia
| Primeiro ministro de Eslovenia | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
O primeiro ministro de Eslovenia, oficialmente presidente do Goberno da República de Eslovenia (en esloveno: 'Predsednik Vlade Republike Slovenije'), é o xefe de goberno de Eslovenia.
Houbo novo primeiros ministros dende que o país se converteu nun sistema parlamentario en 1989 e se independizou en 1991.
O primeiro ministro é nomeado polo presidente logo de consultar cos partidos representados na Asemblea Nacional. É elixido formalmente por maioría simple da Asemblea Nacional. Se ningún candidato recibe maioría, deberase realizar un novo voto antes de 14 días. Se ningún candidato recibe maioría tras esta rolda, o presidente deberá disolver a lexislatura e convocar novas eleccións parlamentarias a non ser que a Asemblea Nacional acepte celebrar unha terceira rolda. Se ningún candidato é elixido despois dunha terceira rolda, a lexislatura disólvese automaticamente á espera de novas eleccións.
Na práctica, dado que o primeiro ministro debe comandar unha maioría da Asemblea Nacional para gobernar, acostuma a ser o líder do partido maioritario na Asemblea Nacional ou o líder do socio maior na coalición de goberno. A Asemblea Nacional só pode retirar o seu apoio a un primeiro ministro mediante unha moción de censura construtiva, é dicir, unha moción de censura que non ten efecto sen que o futuro sucesor teña o apoio dunha maioría da cámara. O primeiro ministro é tamén presidente do Consello de Seguridade Nacional.
Elección
[editar | editar a fonte]O primeiro ministro é elixido pola Asemblea Nacional de Eslovenia.
Primeira rolda
[editar | editar a fonte]Despois das eleccións parlamentarias, a nova Asemblea Nacional reúnese na sesión constitutiva (normalmente ao redor de 2-3 semanas despois das eleccións), logo de que se formen os novos grupos parlamentarios. Despois de que se formen todos os grupos (normalmente dentro duns poucos días), o presidente da República reúnese cos líderes dos grupos para consultas. Durante as consultas, o presidente da República tenta identificar a un candidato que poida obter unha maioría absoluta na Asemblea Nacional (46 votos). Despois das consultas, o presidente da República pode propoñer oficialmente un candidato ao presidente da Asemblea Nacional, isto debe realizarse dentro dos 30 días posteriores á sesión constitutiva. A asemblea debe votar o candidato en 7 días, pero non antes das 48 horas tras a proposta. O candidato ten que presentar o seu proxecto de goberno ante a Asemblea Nacional antes da votación. Cando o primeiro ministro é elixido, comeza a formación dun novo goberno.
Segunda rolda
[editar | editar a fonte]Se non sae elixido primeiro ministro, terá lugar a segunda rolda. Despois de novas consultas, o presidente da República pode propor un novo candidato ou o mesmo candidato de novo dentro dos 14 días seguintes á votación da primeira rolda. Na segunda rolda os grupos parlamentarios tamén poden propoñer un candidato. Se hai máis dun candidatos proposto, a Asemblea Nacional votará primeiro ao candidato proposto polo presidente da República, e só se ese candidato non é elixido a Asemblea votará os outros candidatos na orde de presentación das propostas. Precísase maioría absoluta para ser elixido primeiro ministro (46 votos). Se o primeiro ministro é elixido, comeza a formación dun novo goberno.
Se a Asemblea Nacional volve a fallar ao elixir primeiro ministro, o presidente da República disolverá a Asemblea Nacional e convocará eleccións rápidas, a menos que a Asemblea Nacional decida, dentro das 48 horas seguintes á votación, celebrar unha terceira rolda de eleccións.
Terceira rolda
[editar | editar a fonte]Na terceira rolda o primeiro ministro é elixido por maioría relativa (maioría dos deputados presentes). Na Asemblea Nacional da terceira rolda vótase por todos os candidatos da primeira e segunda volta, e se ningún dos candidatos recibe maioría de votos, entón vótanse novas propostas, comezando pola proposta do presidente da República e logo os demais na orde de presentación das candidaturas. Se o primeiro ministro é elixido, comeza a formación dun novo goberno, se non, o presidente disolve a Asemblea Nacional e teñen lugar as eleccións rápidas.
Xuramento do cargo
[editar | editar a fonte]O primeiro ministro toma oficialmente posesión despois de que todos os seus ministros fagan o xuramento do cargo ante a Asemblea Nacional, logo da elección do goberno con maioría relativa na Asemblea Nacional. O primeiro ministro xura o cargo despois da súa elección.
O primeiro ministro e os ministros prestan o mesmo xuramento segundo o artigo 104 da Constitución: "Xuro que vou cumprir a orde constitucional, que actuarei segundo a miña conciencia e que farei todo o que poida para o ben de Eslovenia".
Lista de primeiros ministros de Eslovenia
[editar | editar a fonte]- Partidos
| Nº | Foto | Nome | Mandato | Partido político | Rei do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | Fin | Días | ||||||
| 1 | Jožef Pogačnik (1866–1932) |
31 de outubro de 1918 | 20 de xaneiro de 1919 | 81 | Partido Popular Esloveno
(SLS) |
Pedro I | ||
- Partidos
| Nº | Nome | Foto | Mandato | Partido político | |
|---|---|---|---|---|---|
| Primeiros ministros
1945–1953 | |||||
| 1 | Boris Kidrič
(1912–1953) |
5 de maio de 1945 | Xuño de 1946 | Partido Comunista de Eslovenia | |
| 2 | Miha Marinko
(1900–1983) |
Xuño de 1946 | 1953 | Partido Comunista de Eslovenia renomeado en 1952 como Liga dos Comunistas de Eslovenia | |
| Presidentes do Consello Executivo 1953–1991 | |||||
| Miha Marinko
(1900–1983) |
1953 | 15 de decembro de 1953 | Liga dos Comunistas de Eslovenia | ||
| 3 | Boris Kraigher
(1914–1967) |
15 de decembro de 1953 | 25 de xuño de 1962 | Liga dos Comunistas de Eslovenia | |
| 4 | Viktor Avbelj
(1914–1993) |
25 de xuño de 1962 | 1965 | Liga dos Comunistas de Eslovenia | |
| 5 | Janko Smole
(1921–2010) |
1965 | 1967 | Liga dos Comunistas de Eslovenia | |
| 6 | Stane Kavčič
(1919–1987) |
1967 | 27 de novembro de 1972 | Liga dos Comunistas de Eslovenia | |
| 7 | Andrej Marinc (1930-) |
27 de novembro de 1972 | Abril de 1978 | Liga dos Comunistas de Eslovenia | |
| 8 | Anton Vratuša
(1915–2017) |
Abril de 1978 | Xullo de 1980 | Liga dos Comunistas de Eslovenia | |
| 9 | Janez Zemljarič
(1928-) |
Xullo de 1980 | 23 de maio de 1984 | Liga dos Comunistas de Eslovenia | |
| 10 | Dušan Šinigoj
(1933-) |
![]() |
23 de maio de 1984 | 16 de maio de 1990 | Liga dos Comunistas de Eslovenia |
| (10) | Partido de Renovación Democrática | ||||
- Partidos






