Mario Conejo Maldonado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMario Conejo Maldonado
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Alcalde (en) Traducir
2019 – 2023 – Anabel Hermosa (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMOVER (2006–)
Pachakutik (1995–2006) Editar o valor em Wikidata

Mario Hernán Conejo Maldonado, nado en Peguche, Otavalo, o 25 de xuño de 1959, é un dirixente indíxena, sociólogo e político ecuatoriano de nacionalidade kichwa-otavalo. É o alcalde do municipio de Otavalo dende maio de 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mario Conejo foi un dos membros fundadores do movemento Pachakutik, e no ano 2000 foi elixido como o primeiro alcalde indíxena de Otavalo, sendo ademais un dos primeiros alcaldes indíxenas da historia ecuatoriana. Foi reelixido en 2005 e 2009. En 2006 deixou Pachakutik, e logo uniuse a Alianza PAIS e aos movementos Minga e Únete. Con Alianza PAIS foi candidato a alcalde en 2014, mais perdeu. En 2019 foi outra vez elixido alcalde co movemento Únete.[1][2]

Mario Conejo Maldonado é irmán do poeta Ariruma Kowii e tamén de Roberto Conejo Maldonado, exdirector do Magap zona 1 Imbabura.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pachakutik se auto analiza luego de la crisis por la salida del alcalde Conejo. Explored.com, 24 de enero de 2006
  2. "Mario Conejo vuelve a la Alcaldía de Otavalo". La Hora Noticias de Ecuador, sus provincias y el mundo (en castelán). Consultado o 2021-05-12. 
  3. "Análisis político del movimiento indígena en Otavalo y Cotacachi". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2011. Consultado o 17 de decembro de 2020.