Pachakutik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pachakutik
Partido indixenista de Ecuador
Pachakutik.svg
Dirixentes e organización
CoordinadorMarlon Santi
Historia
Fundación1 de novembro de 1995
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo
Indixenismo
Anticapitalismo
Esquerda[1]
Representación
Asembleístas
4 / 137
Prefectos
4 / 23
Alcaldes
20 / 221
Outros datos
SedeQuito
Páxina webpachakutik.org

Pachakutik ou Movemento de Unidade Plurinacional Pachakutik (MUPP-18) é un partido político indixenista de esquerdas de Ecuador. Foi fundado principalmente como un medio de pular polos intereses dos pobos e as organizacións indíxenas de Ecuador, principalmente da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador.

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

Esta organización defínese a si mesma como un movemento político independente dos partidos tradicionais que representan a outros grupos de poder. Principalmente composta por elementos de organizacións indíxenas, ten dentro do seu ideario principalmente a constitución do estado plurinacional en Ecuador que respecte a interculturalidade, opoñéndose ao neoliberalismo, sendo considerada a partir diso como un partido de esquerda. Inspirados na cosmovisión indíxena e declarando o seu rexeitamento a calquera forma de explotación, de opresión e de inxustiza ao tempo que apoian a autodeterminación dos pobos.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Universo. Corrientes ideológicas empiezan a definirse en sectores no oficialistas. Consultado o 1 de outubro de 2013.
  2. "Llacta! - Movimiento de Unidad Plurinacional Pachakutik-Nuevo País". www.llacta.org (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  3. "¿Cuál es la ideología del movimiento político Pachakutik?". Contexto de GK (en castelán). 28 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]