Ariruma Kowii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ariruma Kowii
DIA INTERNACIONAL DE LA LENGUA MATERNA (16405864090).jpg
Nome completoJacinto Conejo Maldonado
Nacemento4 de agosto de 1961
 Otavalo
NacionalidadeEcuador
Alma máterUniversidade Central do Equador
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Wankar Ariruma Kowii Maldonado, anteriormente coñecido como Jacinto Conejo Maldonado é un escritor, poeta e dirixiente indíxena ecuatoriano da nacionalidade kichwa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Considerado un dos principais poetas en lingua kichwa, estudou ciencias sociais e políticas na Universidade Central de Ecuador. A súa colección de poemas kichwas Mutsuktsurini, publicada en 1988, foi un dos primeiros libros en Ecuador exclusivamente escritos en kichwa. Escribe tamén para o xornal quiteño Hoy.

O 22 de agosto de 2007 foi nomeado subsecretario de Educación dos Pobos Indíxenas de Ecuador no Ministerio de Educación, responsábel para o Diálogo Interculural.[1] Defendeu a decisión do expresidente Rafael Correa de colocar a educación intercultural bilingüe baixo a autoridade do goberno, afirmando que a "dirixencia da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE) intentou adoutrinar aos estudantes para que seguisen a liña de acción política trazada pola organización".[2]

Ariruma Kowii é irmán do alcalde de Otavalo, Mario Conejo Maldonado.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Mutsuktsurini, 1988
  • Tsaitsik: poemas para construir el futuro (edición bilingüe), 1993
  • Diccionario de nombres quichuas, 1998.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]