Saltar ao contido

Marina Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarina Ortega
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1983 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
Deputada de España

3 de decembro de 2019 – 13 de marzo de 2020 – Uxía Tizón Vázquez →

Circunscrición electoral: Ourense

Deputada de España
8 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Ourense

Actividade
Lugar de traballo O Carballiño Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpsicóloga, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata

Twitter: Marina_Ortega_ Editar o valor en Wikidata

Marina Ortega Otero, nada no Carballiño o 22 de xaneiro de 1983, é unha psicóloga e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traxectoria académica e laboral

[editar | editar a fonte]

Licenciada en psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, forma parte da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, onde é vogal na sección de Psicoloxía Xurídica.

Exerceu a psicoloxía infantil, adulta e forense, ademais de dirixir o programa Recurra na provincia de Ourense.

Dirixe un gabinete de psicoloxía no Carballiño.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Tralas eleccións municipais de España de 2015 foi elixida concelleira no Carballiño polo PSdeG-PSOE, sendo a responsable das Áreas de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade.

No XIII Congreso do PSdeG-PSOE, en outubro de 2017, é elixida para formar parte da Executiva de Gonzalo Caballero Míguez, electo Secretario Xeral do PSdeG, asumindo así a Secretaría de Políticas Sociais da CENG.[1]

Despois da moción de censura contra Mariano Rajoy de 2018, asume a xefatura de gabinete da Subdelegación do Goberno en Ourense ata que encabeza a lista pola súa provincia para as eleccións xerais de España de abril de 2019 resultando electa.[2]

Durante a XIII Lexislatura convértese en Vicepresidenta Primeira da Comisión de Sanidade, Consumo e Benestar Social e en portavoz adxunta da Comisión de Igualdade. Está tamén adscrita á Comisión de Orzamentos, á Comisión de Fomento e á Comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade. E, ademais, é vogal na Comisión de Dereitos da Infancia e a Adolescencia e na Comisión Mixta de Relacións co Defensor do Pobo.[3]

Meses máis tarde, volve a repetir posto de saída para as eleccións xerais de España de novembro de 2019 e resulta tamén electa.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020

Durante a XIV Lexislatura repite como Vicepresidenta Primeira da Comisión de Sanidade, Consumo e Benestar Social e como portavoz adxunta da Comisión de Igualdade. Ademais, é vocal da Comisión de Dereitos da Infancia e Adolescencia, da Comisión Mixta de Relacións co Defensor de Pobo e da Comisión Mixta para o Estudo dos Problemas das Adicións.[4]

Tralo anuncio das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, dimite e convértese de novo en candidata para ditos comicios pola provincia de Ourense, acompañada do tamén exsenador Juan Carlos Francisco Rivera. Para substituíla no Congreso dos Deputados, causa alta Uxía Tizón Vázquez.[5] Foi elixida deputada e formou parte da Mesa da cámara como Vicesecretaria.

Permaneceu como deputada autonómica ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, ás cales non concorreu, volvendo a centrarse na súa carreira profesional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]