Mariama Bâ
Mariama Bâ | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de abril de 1929 |
Lugar de nacemento | Dakar |
Falecemento | 17 de agosto de 1981 |
Lugar de falecemento | Dakar |
Causa | cancro |
Nacionalidade | Senegal |
Relixión | Islam |
Alma máter | École normale de Rufisque |
Ocupación | escritora, novelista e activista polos dereitos das mulleres |
Pai | Amadou Bâ |
Cónxuxe | Obèye Diop |
Coñecida por | So Long a Letter |
Premios | Grand prix littéraire d'Afrique noire e Noma Award for Publishing in Africa |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mariama Bâ, nada en Dakar en 1929 e finada en 1981, foi unha escritora senegalesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no seo dunha familia musulmá tradicional de clase alta, orfa de nai dende moi nova foi criada polos seus avós maternos, estuda na Escola Normal de Rufisque (1943-1947) e exerceu a docencia como mestra de escola durante anos. Casou co deputado Obèye Diop, con quen tivo nove fillos. Tralo seu divorcio, forma parte de varias asociacións de mulleres, coas que loita para mellorar a situación e os dereitos das mulleres. En 1979 publicou Une si longue lettre, unha novela epistolar que reflicte a súa propia experiencia matrimonial e como nai. Pouco despois de morrer de cáncer, dáse ó prelo a súa segunda novela Un chant écarlate (1981).