Maria Machado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaria Machado
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1937 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Karlsruhe Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Alemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0532474 Allocine: 23448 Allmovie: p44374 Editar o valor em Wikidata

María Machado, nada o 16 de outubro de 1937 en Karlsruhe (Baden-Württemberg, Alemaña nazi), é unha actriz e directora de teatro franco-alemá.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de tres anos de teatro de repertorio en varias cidades alemás, trasladouse a París en 1965. Na capital francesa coñeceu a actriz Tania Balachova, quen a introduce no teatro francés. En 1969, Roland Dubillard creou un papel para ela en Le Jardin aux betteraves. Dende entón, fixéronse socios no escenario e compañeiros de vida.

Dende 1987, tras o ictus de Dubillard, Maria Machado encargouse de difundir a obra deste a un público máis amplo. A través dela, a editora Gallimard publicou os Carnets en marge, 50 ans de journal en 1998. As pezas de teatro, a poesía e outras obras foron reeditados pola mesma editora.

En 2008 e 2009 exerceu de observadora en Varsovia dos ensaios de Krzysztof Warlikowski da súa creación para o festival de Aviñón, (A)pollonia. En 2009 e 2010 liderou unha estadía de intérpretes residentes na rexión de Illa de Francia para a montaxe dunha nova obra, Héraclès, do autor estadounidense William Page.

Teatro[editar | editar a fonte]

Como directora[editar | editar a fonte]

  • Les Crabes (1995)
  • Je dirai que je suis tombé (1998)
  • Iphigenia (2002)
  • Si Camille me voyait... (2004)
  • La Boîte à outils (2006)
  • Le Bain de Vapeur (2008)
  • Héraclès (2010)

Como actriz[editar | editar a fonte]

  • Le Grand Cérémonial (1966)
  • Un parfum de fleurs (1967)
  • Antigone (1967)
  • Le Jardin aux betteraves (1969)
  • Massacrons Vivaldi (1970)
  • Les Crabes (1970)
  • Haggerty où es-tu ? (1971)
  • ...où boivent les vaches (1972)
  • Le Bain de vapeur (1976)
  • La Culotte d’une jeune femme pauvre (1978)
  • Chacun sa vérité (1981)
  • Bag Lady (1983)
  • Chiens sous la minuterie (1986)
  • La Venexiana (1986)
  • Les Crabes (1995)
  • Je dirai que je suis tombé (1998)
  • Concetti (1999)
  • Denn wie man sich bettet, so liegt man… (2003)
  • Fragmentos de Madame fait ce qu’elle dit (2004)
  • Les Crabes ou les Hôtes et les Hôtes (2004)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Tamén fixo varios telefilmes alemáns, como Ein unruhiges Jahr, de Kristian Kühn, ou Eine kleine Liebe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dubillard, Roland. "Maria Machado". roland-dubillard.fr (en francés). Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]