Maria Gorokhovskaya
Maria Gorokhovskaya | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de outubro de 1921 |
Lugar de nacemento | Yevpatoria |
Falecemento | 22 de xullo de 2001 e 7 de xullo de 2001 |
Lugar de falecemento | Tel Aviv |
Nacionalidade | Israel e Unión Soviética |
Ocupación | ximnasta artística |
Premios | Bandeira Vermella do Traballo e Mestre Honorário de Desportos da União Soviética |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Maria Kondratyevna Gorokhovskaya (en ruso: Мария Кондратьевна Гороховская, en ucraíno: Марія Кіндратівна Гороховська), nada en Yevpatoria o 17 de outubro de 1921 e finada en Tel Aviv o 22 de xullo de 2001 foi unha ximnasta soviética de orixe xudía. Nos Xogos Olímpicos de 1952 gañou sete medallas, máis que ningunha outra muller nuns únicos xogos.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Competindo por Budivelnyk Kharkiv, Gorokhovskaya gañou o seu primeiro título da URSS na barra fixa en 1948 e acudiu aos Xogos Olímpicos de Helsinqui como dobre campioa nacional. As ximnastas soviéticas nunca participaran antes en torneos internacionais importantes, e foron os primeiros xogos nos que participou o país.
Os ximnastas soviéticos dominaron a competición, con Gorokhovskaya como líder. Nos catro aparatos individuais (barra, chan, salto e asimétricas), Gorokhovskaya acabou segunda. Eses resultados valéronlle a medalla de ouro na competición xeral, acabando por diante da súa compañeira de equipo Nina Bocharova por oito décimas.[2]
Con sete das oito ximnastas soviéticas nos dez primeiros postos, era claro que a medalla de ouro por equipos sería para elas. Gorokhovskaya gañou a súa sétima medalla no desaparecido exercicio por equipos con aparatos portátiles, en que o equipo soviético rematou segundo despois de Suecia.[2]
Gorokhovskaya fixo unha aparición internacional máis como parte do equipo gañador do campionato do mundo de 1954, e despois retirouse. Traballou entón como xuíza (internacional dende 1964) e como conferenciante.
En 1990, Gorokhovskaya, que era xudía,[3] emigrou a Israel, onde traballou como adestradora de ximnasia ata a súa morte.[2] En 1991 foi incluída no Salón Internacional da Fama dos Deportes Xudeus.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Leading Olympic Medalists". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Leading Olympic Medalists". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2013. Consultado o 03 de xaneiro de 2013.
- ↑ Uri Miller. Jews in Sport in the USSR. Yivo Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Complete list of competition results at Gymn Forum
- Gorokhovskaya na Federación Internacional de Ximnasia