MariaDB é o nome dunha comunidade de desenvolvedores derivados da base de datosMySQL con licenza libre GNUGPL creada por Michael Widenius (fundador de MySQL) despois de ser mercado MySQL por Oracle.
O sistema ten dous motores de almacenamento novos: Aria, que substitúe a MyISAM e XtraDB que substitúe a InnoDB. MariaDB mantén unha alta compatibilidade con MySQL xa que ten as mesmas ordes, interfaces, APIs e bibliotecas.
MariaDB emprega os números de versión, ata 5.5, seguindo a numeración de MySQL e as características son as mesmas.
MySQL tiña versión 5.0 á que seguiu a 5.5. MariaDB tivo versións 5.1, 5.2 e 5.3. Esas versións foron introducindo algunhas características, pero non tódalas funcións dispoñibles en MySQL 5.5.
Despois da versión 5.5, os desenvolvedores de MariaDB decidiron empezar unha nova rama numerando como 10. Este troco fíxose para deixar máis claro que MariaDB (no futuro) non importará tódalas características de MySQL 5.6 (porque algunhas delas non parecen ser o suficientemente estables para as normas de MariaDB).