Margarita del Val

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargarita del Val

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Margarita del Val Latorre. Editar o valor em Wikidata
28 de setembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Director de teseEladio Viñuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónviróloga , bioquímica , immunóloga , bióloga molecular Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas
Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2166844

Margarita del Val Latorre, nada en Madrid en 1959, é unha viróloga e inmunóloga española, investigadora científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) da resposta inmunitaria fronte ás infeccións virais e investigadora científica no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (CBMSO).[1][2] Defensora da eficacia do uso das vacinas e das corentenas nos casos de crises epidemiolóxicas como a pandemia do coronavirus COVID-19 en 2020.[3][4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Del Val é Doutora en Ciencias Químicas, na especialidade de Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM). Estudou a licenciatura entre 1976 e 1981 e despois fixo a tese, tamén na UAM, no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa. A súa nai e o seu pai eran doutores en química e criaron a Margarita del Val nunha contorna intelectual e científica. Iniciou os estudos de química pero logo decidiuse pola de Bioquímica, de recente creación e promovida por Federico Maior Zaragoza, Margarita Salgas e Eladio Viñuelas.

Realizou a súa estancia posdoutoral en Alemaña, a partir de 1986, primeiro dous anos no Instituto Federal de Investigación en Enfermidades Virais de Animais en Tubinga e a continuación tres anos na Universidade de Ulm. Alí iniciou estudos sobre a resposta inmune celular fronte ás infeccións virais, a interferencia dos virus con esta resposta inmune, e o procesamento e presentación de antíxenos virais a linfocitos T citotóxicos, que lle levou ao deseño da primeira vacina experimental baseada en epítopos T illados, concepto que é actualmente a base de varios ensaios clínicos.

Foi investigadora no Instituto de Saúde Carlos III en Majadahonda durante 19 anos, onde estableceu o seu propio grupo. Desde 2010 traballa no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa (CSIC - UAM) en Madrid, orientando a súa investigación cara ao estudo da resposta inmune fronte a patóxenos en modelos animais de infección e vacinación nos últimos anos.[6] É investigadora científica do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en concreto, da resposta inmunitaria fronte ás infeccións virais.

Realizou dúas estancias temporais no NIH en Bethesda, preto de Washington, nos Estados Unidos, e unha na Universidade McGill en Montreal, no Canadá.

Dirixiu numerosos proxectos de investigación, realizou divulgación científica e publicou artigos de grande impacto.[7][8] Ao comezo da crise do coronavirus en España, escribiu diversos artigos de sensibilización da poboación, destacando o titulado "Coronavirus, una llamada a la sensatez y la responsabilidad".[9][10][11]

Representou a España na Axencia Europea do Medicamento (EMA) para a comercialización de medicamentos. Ademais é membro da Real Academia Nacional de Farmacia[2] e do Comité Experto Asesor en Vacinas da Comunidade de Madrid. Como Vocal da área de Ciencias da Vida e da Saúde da Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE), coordina o Acordo COSCE de Transparencia en Experimentación Animal.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Margarita del Val: “Sufriremos más virus por la globalización y el cambio climático”". El País. 23 de abril de 2020. Consultado o 10 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Toma de posesión como Académica Correspondiente del Ilma. Sra. Dña. Margarita del Val Latorre" (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  3. "Margarita del Val aboga por vacunas que induzcan “una buena memoria inmunitaria” en los linfocitos T - UIMP". Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  4. "La viróloga Margarita del Val (CSIC), segura de la eficacia de la cuarentena" (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  5. "¿Y por qué me tengo que vacunar?". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-06-05. Consultado o 2020-05-20. 
  6. "Revista Virología de la Sociedad Española de Virología. Vol 18, núm. 3/15, p.12-13" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de maio de 2020. 
  7. "Margarita del Val Latorre" (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  8. "Investigadores del CSIC analizan los últimos retos de los virus para la salud en un curso de UIMP-Sevilla - UIMP". Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  9. "Coronavirus, una llamada a la sensatez y la responsabilidad • Asociación Española de Científicos" (en castelán). 13 de marzo de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  10. Aragón, Heraldo de. "En casa para proteger del coronavirus a los vulnerables y a los que nos curan" (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  11. Redacción (2020-04-09). "O coronavirus é un ser vivo?". GCiencia. Consultado o 2020-05-20. 
  12. "Comisión COSCE" (en castelán). Consultado o 24 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]