Margaret W. "Hap" Brennecke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargaret W. "Hap" Brennecke
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Morte2008 Editar o valor em Wikidata (96/97 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeiro de aviación Editar o valor em Wikidata

Margaret W. "Hap" Brennecke, nada en 1911 en Emmaus (Pensilvania) e finada en 2008, foi unha química especialista en metalurxia e a primeira muller enxeñeira soldadora que traballou no Laboratorio de Materiais e Procesos do Centro de Voo Espacial Marshall da NASA, contribuíndo ao programa de foguetes Saturno.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brennecke licenciouse en química na Universidade Estatal de Ohio e posteriormente estudou metalurxia no Instituto Tecnolóxico Carnegie, a Universidade de Pittsburgh e a Universidade de California, Os Ánxeles. Posteriormente, traballou durante 22 anos na Aluminum Company of America, onde, como investigadora metalúrxica, identificou materiais para vehículos militares e proxectos de enxeñaría utilizados na segunda guerra mundial.[1]

En 1961, Brennecke incorporouse á NASA, onde traballou no programa de foguetes Saturno como experta en soldadura, achegando a súa experiencia centrada nos procesos de soldadura por arco de tungsteno con gas e gas inerte metálico.[4] As responsabilidades de Brennecke incluían a selección de materiais e técnicas para a construción dos foguetes, especialmente os depósitos de combustible crioxénico. Máis adiante na súa carreira, desempeñou un papel similar na elección de materiais e técnicas para o Spacelab e os foguetes impulsores do transbordador espacial.[1]

O alcume de Brennecke, "Hap", foi elixido en parte pola súa neutralidade de xénero, e como un "termo medio entre a cortesía dos tempos e a informalidade" do equipo de enxeñeiros da NASA.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Margaret “Hap” Brennecke: The woman who welded Apollo's rockets". xullo 11, 2019. 
  2. "These Amazing Women Made NASA's Apollo Moon Missions Possible". xullo 24, 2019. 
  3. Lorenzo, Nieves; Iglesias, Encina Calvo (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna". Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764. 
  4. 4,0 4,1 "Margaret W. ‘Hap’ Brennecke". marzo 13, 2019. Consultado o outubro 8, 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lorenzo, Nieves; Calvo, Encina (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna". Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924.
  • Elas, levarónnos ao espazo 2022 978-84-8158-952-8

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]