Macrino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Marcus Opellius Macrinus»)
Macrino
Nacemento164 e 165
Lugar de nacementoCherchell
Falecemento218
Lugar de falecementoCapadocia
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico e avogado
CónxuxeNônia Celsa
FillosDiadumeniano
editar datos en Wikidata ]

Marcus Opelius Macrinus, nado en Cesarea (Mauritania) no 164 e finado en Partia no 218, foi un emperador romano que gobernou co nome de Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus, adoptando o cognomen dos Severos aínda que non era tal.

Foi o primeiro emperador que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou Roma. A súa vida en Roma estivo ligada os xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte deste por Caracalla, foi el o elixido para dirixir os pretorianos.

Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano 217 acompañou a este ao Oriente, onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo Diadumediano. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai Xulia Domna, dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios.

O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Donna comeza a intrigar para que nomearan emperador o seu sobriño Heliogábalo, e de só 14 anos, cousa que consegue no 218, co visto e prace do Senado e o apoio dunha boa parte das lexións.

Mentres tanto en Oriente, a loita contra os partos non ían ben. Despois da batalla de Nisibis, onde non houbo vencedor nin vencido, Macrino firma unha paz vergoñenta para as armas romanas, e ademais se comprometía a pagar unha forte cantidade a Partia. Esa cantidade foi descontada da soldada do exército, co conseguinte malestar dos militares. Pouco a pouco o malestar vaise estendendo, e Macrino pronto se atopa só co apoio da lexión Gallia. Nestas condicións en xuño do 218 prodúcese o encontro entre as tropas de Macrino e Heliogábalo, onde se consumou a abandono de Macrino, xa que os pretorianos o deixan en plena batalla. Logra fuxir, pero é recoñecido ao tratar de coller unha embarcación para cruzar o Bósforo e morto en xullo do 218. O seu fillo Diadumediano tentou de se achegar deica Partia, pero foi detido en Siria, onde morreu pouco despois.

O recoñecemento total de Heliogábalo como emperador volta de novo os Severos ao poder.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Imperio Romano

Segue a:
Caracalla
Macrino
Precede a:
Heliogábalo
Severos