Marcial Gamboa Pérez-Pardo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2013.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | agosto de 1958 (66 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Residencia | Madrid |
Educación | Escola Naval Militar de Marín |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Empregador | Armada Española Museu Naval de Madrid (pt) |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada |
Rango militar | Vicealmirante (2015–) contralmirante (en) (2012–) |
Familia | |
Parentes | Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui |
Premios | |
Marcial Gamboa Pérez-Pardo, nado nas Palmas de Gran Canaria, é un militar español que desde outubro de 2015 ocupa o posto de Almirante Xefe do Arsenal de Cartagena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia vinculada á armada, foi neto do militar e senador ferrolán Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui e fillo do tamén contralmirante da Armada Marcial Gamboa Ballester. Ingresou na Escola Naval Militar de Marín en 1978, recibindo o seu primeiro despacho cinco anos máis tarde, en 1983. Especialista en submarinos e armas submarinas, diplomado en Estado Maior; exerceu como Segundo Comandante do submarino Tramontana, levando o mando do submarino Narval desde 1999 ata 2001. Tamén exerceu coma comandante na fragata Navarra e no dragaminas Miño. En 2009 relevou a José Luis Urcelay Verdugo no mando e dirección da Escola Naval Militar de Marín, destino que desempeñaría ata xullo de 2012. Deste xeito foi o primeiro director que, xunto co seu equipo, puxo en marcha o novo modelo de carreira consistente en dotar aos futuros oficiais (ademais da propia formación naval) un título universitario de grao en enxeñaría mecánica (expedido pola Universidade de Vigo). En xullo de 2012 ascende a contralmirante, ocupando o posto de Almirante Director de Ensino Naval. Posteriormente, en outubro de 2014 é destinado á Base Naval de Rota, sostendo o cargo de Almirante Xefe do Estado Maior da Frota. Finalmente, en outubro de 2015 ascende a vicealmirante, tomando o relevo na xefatura do Arsenal de Cartagena.
Condecoracións
[editar | editar a fonte]- Placa, Cruz e Encomenda da Orde de San Hermenexildo
- Cruz ó mérito naval
- Cruz ó mérito militar