Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1906 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 1986 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de Santa María cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Senador de España
1977 – 1979 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarCapitán General de la Real Armada Española (en) Traducir (1968–)
vicealmirante (en) Traducir (1966–) Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesMarcial Gamboa Pérez-Pardo ()
Victoriano Sánchez Barcáiztegui () Editar o valor em Wikidata
Premios

Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui, nado en Ferrol o 11 de outubro de 1906 e finado en Madrid o 5 de xuño de 1986, foi un militar galego, designado como senador por Xoán Carlos I en 1977.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neto do militar e enxeñeiro Victoriano Sánchez Barcáiztegui, aínda que nado en Ferrol, pasou a infancia no colexio de orfos da Armada en Madrid. Aos catorce ingresa na Escola Naval de Cádiz, de onde sae en 1925. Durante a guerra civil española apoia o bando franquista e cobre o conflito en submarinos.

Posteriormente, e xa coa Escola Naval Militar instalada en Marín, foi profesor no centro de ensino e posterior subdirector. Estivo ao mando do cruceiro Méndez-Núñez. Comandante xeral do Arsenal de Cartaxena, na década dos cincuenta incorporouse ao Ministerio de Mariña, xa co rango de almirante. En 1969 é nomeado capitán xeneral da Zona Marítima do Mediterráneo, posto no que permanece ata 1973, cando se retira.

Despois da súa xubilación pertenceu aos consellos de administración do Padroado de Casas da Armada, que presidiu, e ao da Empresa Nacional Santa Bárbara, dedicada á produción de armamento. En 1977 foi escollido polo rei Xoán Carlos I para integrar o Senado de España durante a lexislatura constituínte. Como independente, integrouse no grupo mixto. Tras as eleccións de 1977 retirouse da política.

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Marcial Gamboa Ballester, militar, e avó de Marcial Gamboa Pérez-Pardo, comandante e director á súa vez da Escola Naval Militar de Marín. Foi irmán do director de cinema José Luis Gamboa.