Marcello Bertinetti
| Biografía | ||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 26 de abril de 1885 Vercelli, Italia | |||||||||||||||||||
| Morte | 31 de xullo de 1967 Vercelli, Italia | |||||||||||||||||||
| Actividade | ||||||||||||||||||||
| Ocupación | esgrimista, futbolista | |||||||||||||||||||
| Deporte | esgrima fútbol | |||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
| Participou en | ||||||||||||||||||||
| 28 de xullo de 1928 | Xogos Olímpicos de 1928 | |||||||||||||||||||
| 1924 | fencing at the 1924 Summer Olympics – men's team épée (en) | |||||||||||||||||||
| 1924 | fencing at the 1924 Summer Olympics – men's team sabre (en) | |||||||||||||||||||
| 1908 | fencing at the 1908 Summer Olympics – men's team sabre (en) |
|||||||||||||||||||
| Familia | ||||||||||||||||||||
| Fillos | Franco Bertinetti | |||||||||||||||||||
Marcello Bertinetti, nado en Vercelli o 26 de abril de 1885 e finado no mesmo lugar o 31 de xullo de 1967, foi un médico, futbolista e tirador de esgrima italiano, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bertinetti foi o fundador da sección futbolística do Società Ginnastica Pro Vercelli en 1903 despois de ver en Turín un partido de fútbol,[1] formando parte do equipo que conquistou o campionato de Italia de fútbol de 1908[2]. No ano 1909 xogou co Juventus como centrocampista durante unha tempada.[3]
Practicante de esgrima, competiu nos Xogos Olímpicos de 1908 de Londres, logrando a medalla de prata en sabre por equipos, rematando cuarto na proba de espada por equipos, en espada e sabre individual non logrou superar a primeira rolda. Entre 1911 e 1922 foi médico en Libia. Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París foi campión olímpico en sabre por equipos e medalla de bronce en espada por equipos. A súa última participación olímpica foi nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan quedando primeiro en espada por equipos[4]. Foi tamén medalla de bronce nos Mundiais de esgrima de 1929 es espada individual[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en inglés) Allen Guttmann Games and Empires: Modern Sports and Cultural Imperialism
- ↑ (en inglés) Unione Sportiva Pro Vercelli - Short Historical Overview 1892-1960 no sitio da RSSSF
- ↑ Pérfil (en italiano) na web do Juventus
- ↑ (en inglés) Pérfil de Marcello Bertinetti Arquivado 25 de agosto de 2011 en Wayback Machine. en sports-reference.com Arquivado 01 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ (en italiano) Palmarés dos Mundiais na web da Federación Italiana de Esgrima Arquivado 21 de setembro de 2008 en Wayback Machine.
- Nados en 1885
- Finados en 1967
- Esgrimistas olímpicos de Italia
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Medallistas olímpicos de ouro por Italia
- Medallistas olímpicos de prata por Italia
- Medallistas olímpicos de bronce por Italia
- Futbolistas de Italia
- Xogadores do Juventus FC
- Médicos de Italia
- Nados no Piemonte
- Esgrimistas de sabre
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1908
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Esgrimistas de espada
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928