Marcel Renault
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2023.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de maio de 1872 Boulogne-Billancourt |
| Morte | 26 de maio de 1903 Payré |
| Causa da morte | accidente de tráfico |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Passy |
| Cofundador Renault | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | piloto de automobilismo, emprendedor, enxeñeiro |
| Deporte | automobilismo |
| Familia | |
| Pai | Alfred Renault |
| Irmáns | Louis Renault Fernand Renault |
Marcel Renault, nado en París en 1872 e finado en Payré o 26 de maio de 1903, foi un industrial e piloto de carreiras francés, coherdeiro dun importante comecio téxtil e cofundador co seu irmán Fernand do imperio da industria automobilística Renault.

Biografía
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia da burguesía parisiense. O seu pai, Alfred Renault construíra unha sólida fortuna no comercio de teas e de botóns e súa nai Louise era filla de comerciantes ben establecidos.
O seu irmán Louis Renault era un xenio da mecánica, un dos pioneiros do automóbil, deseñou un no obradoiro familiar de Boulogne-Billancourt.
Fundación de Renault Frères
[editar | editar a fonte]En 1899, Fernand e Marcel, ó tempo que xestionan a industria téxtil herdada de seu pai "Renault Fils, tissus en gros" fundan a sociedade Renault Frères no número 10 da Avenida du Cours en Boulogne-Billancourt achegando Marcel a metade dun capital de 60.000 francos ouro e Fernand a outra metade. Contaban cun cadro de persoal de 60 empregados para construír o vehículo concibido por Louis Renault. Marcel encárgase da administración e Fernand da comercialización, mentres Louis conságrase completamente á concepción e construción dos vehículos. No remate do primeiro ano a empresa producira e vendera 76 vehículos.
Carreiras automobilísticas
[editar | editar a fonte]En agosto 1899 xunto co seu irmán Louis Renault participou na carreira París-Trouville, conseguindo a primeira vitoria dunha longa serie de carreiras de localidade a localidade da época. Na súa categoría os Renault non tiveronn rival, gañando a París-Ostende, París-Rambouillet e Tolosa-París. Estes éxitos na competición déronlle a celebridade e fixeron aumentar as vendas dos seus vehículos. Participou tamén con Louis na París-Tolosa-París de 1.448 km dentro dos Xogos Olímpicos de 1900. Renault dominou a categoría dos vehículos. En 1902 gañou a París-Vienne.
Desaparición
[editar | editar a fonte]Co seu mecánico Vauthier participou en 1903 na primeira e única edición da París-Madrid, mais sufriu un accidente o 24 de maio en Couhé-Vérac, morrendo 48 horas despois en Payré.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- L'usine Renault Frères a comezos do século XX
- Publicité automobiles Renault Frères.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcel Renault |