Saltar ao contido

Marcel Courthiade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcel Courthiade

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean-Marcel Courthiade Editar o valor en Wikidata
2 de agosto de 1953 Editar o valor en Wikidata
Montceau-les-Mines, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 2021 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Tirana, Albania Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade Instituto Nacional das Linguas e Civilizacións Orientais
1997 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTirana Editar o valor en Wikidata
Director de teseRené Gsell Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingua romaní, lingüística e Interpretación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, xitanólogo, profesor universitario, intérprete Editar o valor en Wikidata
AlumnosMasako Watabe Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4691425 Dialnet: 2606089

Marcel Courthiade, nado 2 de agosto de 1953 en Montceau-les-Mines e finado 4 de marzo de 2021 en Tirana, foi un lingüista francés, investigador e promotor da lingua e cultura romaní.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na rexión histórica da Borgoña mais seu pai era occitanofalante[1]. Marcel Courthiade comezou a estudar medicina na Universidade de Clermont-Ferrand que abandonou en favor do estudo das linguas eslavas con especialización no campo das linguas serbocroata e polaca. Despois continuou estudos no Instituto Nacional de Linguas e Civilizacións Orientais (INALCO) de París, e logrou diplomas en albanés, macedonio e polaco. Durante os seus estudos, involucrouse no traballo de varias ONG activas en proxectos educativos dirixidos aos xitanos albaneses, e así coordinou e xestionou diversos proxectos educativos e culturais. Durante catro anos traballou como analista político e intérprete na embaixada francesa en Albania. Defendeu a súa tese doutoral Phonologie des variétés dialectales de Rromani et diasystèmes graphiques de la langue Rromani na École Pratique des Hautes Études (EPHE) en 1995 e logo foi profesor asociado de sociolingüística romani nesa institución ata que en 1997 pasou a dar clases en INALCO.

En 2008, foi, con Esma Redžepova, a figura principal do filme documental Le Chant des Rroms de Louis Mouchet .

Dende 2019 ata a súa morte, pertenceu como personalidade cualificada ao consello científico da Délégation interministérielle à la lutte contre le racisme, l'antisémitisme et la haine anti-LGBT [2].

Divulgador da literatura romaní, traduciu diversos autores, así Bronisława Wajs ao francés, Kujtim Paćaku ao inglés e ao francés, a obra de teatro Kosovo mon amour de Jovan Nikolić e Ruždija Sejdović ao francés ou Rajko Đurić ao francés e polaco. Na década de 1980 tamén publicou traducións de poesía ao occitano para a revista Òc e en 1984 traduciu o conto en verso de Aleksandr Pushkin L'Orsa[3].

Ao longo da década de 1980 desenvolveu unha ortografía para o romaní que se presentou oficialmente nunha conferencia en Saraievo en 1986 e que a Unión Romaní Internacional adoptou en 1990 como a súa ortografía estándar, así e todo fóra das publicacións do propio Courthiade ou da URI o seu uso limítase dende entón principalmente a materiais educativos mentres que son estándares locais os que prevalecen en cada país[4].

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Romani fonetika thaj Lekhipa (1986) Titograd, Pobjeda
  • Xàca dùme, but godi (1980s)
  • Morfologija e gjuhës rrome të përbashkët (1988) Titograd, Pristina.
  • Gramatika e gjuhës Rrome (1989)
  • Rromano Startorro (1990) Saraievo, Svjetlost
  • Stuart Manns Wörterbuch des albanischen Romanes (1990)
  • In the margin of Romani. Gypsy languages in contact (1991)
  • Dialektologikano pućhipnasqo lil vaś-i klasifikàcia e rromane ćhibǎqe [dia]lektenqiri (1992)
  • Śirpustik ćhibǎqiri amare ćhibǎqiri (1992)
  • Lil e Efesianěnqe. Epistoli pros Efesioys (1993)
  • Terre d'asile, terre d'exil. l'Europe tsigane (1993) con Patrick Williams. París, Survival International
  • De l'usage de l'abécédaire « Śirpustik amare ćhibǎqiri » (1994) Toulouse, CRDP Midi-Pyrénées
  • Langues de Diaspora (1994) París, CERPL
  • Phonologie des parlers rrom et diasysteme graphique de la langue romani (1995) Université de la Sorbonne Nouvelle
  • Structure dialectale de la langue rromani (1998)
  • Les Rroms, Ashkalis et Gorans de Dardanie (Kosovo) (2000) París, INALCO
  • La Littérature des Rroms, Sintés et Kalés (2002)
  • Les Tziganes ou le destin sauvage des Roms de l'Est (2002) con Claire Auzias. París, Michalon
  • Fjalor rromisht-shqip. i të folmeve rrome në përdorim në Shqipëri : mec̨ karisht, kabuxhisht, rupanisht e shkodranisht : rreth 4400 fjalë : me një fjalorth shqip- rromisht, rreth 3000 fjalë Tirana, Rromani Baxt
  • Les Rroms dans les belles lettres européennes (2004) con Rajko Djuric. París, l'Harmattan
  • Sagesse et humour du peuple rrom (2007) con Stella Méritxell Pradier e Ferdinand Koci. París, l'Harmattan
  • Morri angluni rromane ćhibǎqi evroputni lavustik. Első rromani nyelvű európai szótáram : cigány, magyar, angol, francia, spanyol, német, ukrán, román, horvát, szlovák, görög (2009) Budapest, Fővárosi Onkormányzat Cigány Ház
  • Guide de conversation rromani (2010) París, Assimil,
  • Slovensko-rómsky/rómsko-slovenski slovník (2011) . Con Anna e Martina Koptová. Košice: Dobrá rómska víla Kesaj
  • Petite histoire du peuple rrom : première diaspora historique de l'Inde (2019) Lormont : le Bord de l'eau
  1. Auzias, C. e Szulmajster-Celnikier, A. "In memoriam. Marcel Courthiade (1953-2021)". La linguistique 57 (2): 219–220. 
  2. "Installation du nouveau Conseil scientifique de la DILCRAH". gouvernement.fr. 15 de xaneiro de 2019. 
  3. "L'Orsa - Alexandre Poshquin". decouvertes-occitanes. 
  4. Halwachs, Dieter W. (2019). "Language Policy and Planning in Romani". En Yaron Matras e Anton Tenser. The Palgrave Handbook of Romani Language and Linguistics. Springer Nature. pp. 429–458. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]