Mar Regueras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mar Regueras
Nacemento11 de abril de 1970
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

Mar Regueras, nada en Barcelona o 11 de abril de 1970, é unha actriz catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É Licenciada no Instituto do Teatro de Barcelona, ten estudos cinematográficos con Francisco Pino. Tamén se formou no Institut Superior de Dansa de Barcelona (clásica, contemporánea, jazz..) e é adestradora Nacional de Ximnasia Rítmica. E é doma clásica no Centro de Adestramento Víctor Álvarez.[1]

Participou en varios programas de TVE, como El Grand Prix del verano, Música sí ou El semáforo, tamén nalgúns programas da televisión autonómica catalá TV3.

Iniciada no teatro, a súa primeira incursión como actriz en televisión foi cun papel recorrente na serie El comisario, de Telecinco. En cine debutou con Mi casa es tu casa.

Conseguiu unha candidatura na XVII edición dos Premios Goya, como Mellor actriz de repartimento polo seu papel na película Rencor.

Tivo unha relación con Toni Cantó da cal naceu a súa filla, Violeta, o 1 de novembro de 2006.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de Mar en su propia página web". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2012. Consultado o 21 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]