GAL (filme)
GAL | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | GAL |
Director | Miguel Courtois |
Produtor | Melchor Miralles |
Guión | Antonio Onetti |
Intérpretes | Natalia Verbeke José García Jordi Mollà Bernard Le Coq José Coronado Ana Álvarez Manuel Galiana José Ángel Egido Ricardo Borrás Jordi Rebellón Mar Regueras Abel Folk Miguel Hermoso Juan Gea Blanca Marsillach Mercè Llorens |
Música | Francesc Gener |
Fotografía | Carlos Suárez |
Montaxe | Guillermo S. Maldonado |
Estrea | 2006 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Suspense |
Orzamento | €5 126 655,40 |
Na rede | |
http://www.gallapelicula.com/ | |
GAL é un filme español dirixido por Miguel Courtois que se estreou no 2006.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Os xornalistas que investigaron o GAL (Grupo Antiterrorista de Liberación) narran a "guerra sucia" que o goberno de Felipe González emprendeu contra ETA entre 1983 e 1987. Os GAL cometeron máis de trinta atentados co resultado de 27 mortos e máis de cincuenta feridos no sur de Francia. A acción destes grupos baseábase na máxima "ollo por ollo, dente por dente", e na crenza de que trasladando a guerra a territorio galo, o goberno francés non tería máis remedio que colaborar na loita contra ETA. Grazas ás investigacións xornalísticas, a xustiza española puido demostrar que os atentados foron organizados e financiados polo Goberno español, e en 1994 foron condenados o Ministro do Interior José Barrionuevo e once funcionarios públicos a penas que roldaban entre os catro e os dez anos de prisión. A investigación, que foi levada a cabo por xornalistas de Diario 16, supuxo tamén o cesamento do director do diario e dos seus principais colaboradores.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- José García como Manuel Mallo
- Natalia Verbeke como Marta Castillo
- Jordi Mollà como Paco Ariza
- Abel Folk como Pablo Codina, director do xornal.
- Pedro Mari Sánchez como Xuíz Serna
- Bernard Le Coq como Presidente do Goberno
- José Ángel Egido como José Broca, Ministro do Interior.
- Rafael Vera, Secretario de Estado para a Seguridade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)