María do Mar Castro Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria , politicóloga , escritora , socióloga , pedagoga |
Empregador | Alice Salomon University (en) Universidade de Basilea |
Lingua | Lingua castelá |
María do Mar Castro Varela, nada na Coruña no ano 1964, é un politicóloga galega e profesora de pegagoxía xeral e traballo social, con foco nos estudos de diversidade sexual, na Universidade de Ciencias Aplicadas Alice Salomon de Berlín.[1][2] Os seus intereses de investigación céntranse nos estudos de poscolonialismo, migración, xénero e diversidade sexual.[3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou pedagoxía e psicoloxía na Universidade de Colonia e doutorouse en 2005 na Universidade de Gießen en politicoloxía coa tese "Utopiediskurse migrierter Frauen". No semestre de inverno 2006/2007, traballou como profesora convidada Maria Goeppert-Mayer na Universidade de Oldenburg. Desde o semestre de inverno 2007/2008, é profesora na Universidade de Ciencias Aplicadas Alice Salomon de Berlín.
Obra[editar | editar a fonte]
- "Unzeitgemäße Utopien. Migrantinnen zwischen Selbsterfindung und Gelehrter Hoffnung", Bielefeld: transcript, 2007
- "Postkoloniale Theorie. Eine kritische Einführung", Bielefeld: transcript, 2005 (con Nikita Dhawan)
- "Geschlecht -- Macht – Klima: Feministische Perspektiven auf Klima, gesellschaftliche Naturverhältnisse und Gerechtigkeit", Leverkusen-Opladen: Barbara Budrich, 2012 (editado con Gülay Çağlar e Helen Schwenken).
- "„...nicht so greifbar und doch real“. Eine quantitative und qualitative Studie zu Gewalt und (Mehrfach-) Diskriminierungserfahrungen von lesbischen, bisexuellen Frauen und Trans* in Deutschland", Berlín: lesmigras, 2012 (editado xunto con lesmigras e.V.)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ linksnet.de (ed.). "Castro Varela, María do Mar". Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ "María do Mar Castro Varela - Democracy, Education and Epistemic Change". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.
- ↑ hkw.de (ed.). "María do Mar Castro Varela". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.